Vivimos tempos difíciles, nos que unha pandemia, de súpeto, nos obrigou a
paralizar as nosas vidas e ficar na casa; pero como dicimos en Galicia
“nunca choveu que non escampara”. No medio de grises nubarróns, un halo
de luz e solidaridade materializado na ANPA do noso colexio veu
visitarnos. A Asociación de Nais e Pais do Divino Maestro de Lugo, en
colaboración co CIFP As Mercedes, dotarán a toda a comunidade educativa
de pantallas protectoras contra o Covid 19. Dende o Equipo Directivo e
Claustro de Profesores só podemos dicir GRAZAS. Millóns de grazas por
esta iniciativa pensada no beneficio de todos e cada un dos membros da
comunidade educativa.