FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-19
FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A
ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.
CURSO 2018-19
NORMATIVA: ORDE do 9
de maio de 2018.
PRAZO
Prazo de presentación: 22/05/2018 - 22/06/2018
ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado
matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Renda per cápita da unidade familiar igual ou
inferior a 5400 euros: 6 libros; superior a 5400 e inferior a 9000 euros: 4
libros. Para ser beneficiario desta axuda é obrigatorio devolver os libros e o
material reutilizable adquiridos coas axudas e o fondo solidario. O prazo
máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018 EP e ESO; agás para o alumnado
de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro
correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2018.
- Axudas para adquirir libros de
texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado
incluído na disposición adicional primeira da orde. Neste caso os
beneficiarios non teñen que facer devolución,
a) Para o
alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita
familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renda per cápita
familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:
90 euros.
b) Para o alumnado
matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de
centros ordinarios, ou
cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas
será de 250 euros con
independencia da renda per cápita da unidade familiar.
- Axudas para material escolar
destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE. Renda per cápita da unidade
familiar igual ou inferior a 5400 euros: 50 euros.
RENDA PER CÁPITA:
É a renda da
unidade familiar entre o nº de membros computables, recadros 392+405, para os
que presentaron declaración do IRPF no ano fiscal 2016. Senón será a suma das
rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de
calquera natureza.
UNIDADE FAMILIAR:
Son membros
da unidade familiar (a 31 de decembro de 2016)
a) Os pais non separados
legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores
do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores
de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma
consideración que os/as
fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar
permanente ou preadoptivo
legalmente constituído.
c) Os/as fillos/as maiores
de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean
suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as
solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) Os proxenitores
separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade
familiar cos fillos que teñen en común.
f) A persoa que, por novo
matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito
ou análoga, viva no
domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.
PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:
O prazo para
presentación de solicitudes remata o día 22 de xuño de 2018, venres (incluído).
Os pais
presentan unha única solicitude no centro, independentemente dos fillos
matriculados. Solicitude que se pode recoller no propio centro ou na páxina
web, por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na
aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a
través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Poderanse presentar ,
tamén, as solicitudes en calquera dos
lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común ou de xeito telemático.
Presentarase
copia do Libro de Familia (orixinal para comprobación) no que figuren os
membros computables da unidade familiar.
Sentencia
xudicial ou convenio regulador onde se reflicte a situación do menor,
certificado de empadroamento, certificado do Concello ou dos Servizos Sociais
que acredite a situación familiar, certificado de discapacidade de
calquera membro da unidade familiar, situación de tutela pola Xunta de Galicia,
situación de violencia de xénero,..
Na
solicitude aparecen marcados por defecto a consulta do DNI, a declaración da
renda e o grao de discapacidade. Caso de que se marque a non autorización da
consulta, presentaranse os orixinais e fotocopias dos documentos acreditativos.
DATAS DE PUBLICACIÓN:
-
Listaxes
provisionais EP e ESO: 2 de xullo.
-
Listaxes
definitivas EP: 5 de xullo.
-
Listaxes
definitivas ESO: 14 de setembro.
Lugo, a 22
de maio de 2018
Día de libre disposición
O vindeiro día 18 de maio, non haberá clase, por ser o día de libre disposición solicitado e adxudicado ao centro.
Leer más...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)