Reunión Informativa Familias

Estimadas familias:

Con motivo do inicio do curso escolar 2018/19, e para mantelos informados dalgunhas das cuestións máis relavantes que deberían coñecer, solicitamos a súa presenza na reunión informativa do próximo 18 de setembro no salón de actos do colexio. A directora daralles unha benvida e posteriormente continuarase na aula do grupo do seu fillo/a. Tempo aproximado da reunión 1:15h.

Horario:
- Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria: 16:15 horas.
- Educación Primaria (3º,4º,5º e 6º): 17: 00 horas.
- ESO : 17:45 horas.

A orde do día é a seguinte:
1.      Benvida da directora do centro
2.      Presentación do titor/a
3.      Novidades do curso no que se atopan
4.      Cuestións organizativas: horarios, entrevistas co titor/a, normativa do centro, obxectivos,metodoloxía de traballo, avaliacións, excursións, autorizacións, ....
5.      Rogos e preguntas.


Agradecemos a súa asistencia.
Leer más...

Fondo de Libros ESO 2018/19

Lixtaxe definitiva Admitidos ESO

Listaxe definitiva Excluídos ESO

Vales de material: recóllense na secretaría do centro.
Leer más...
 Está aberto prazo para completar actividades extraescolares con prazas vacantes, entre elas a da Escola de Idiomas.
Comezan o 1 de outubro.

Leer más...

Información

Estimadas familias de 1º de Educación Primaria:
- O vindeiro mércores, 12 de setembro ás 13:00 horas, trerán unha pequema reunión informativa na clase de primeiro para revisar libros e material.
Leer más...

Aula Matinal

O servizo de aula matinal dará comezo o día 13 de setembro en horario de 8.00 a 9.00 horas.
A folla de inscripción está dispoñible na secretaría do centro.
Leer más...

Recollida de notas ESO

A entrega de notas da avaliación extraordnaria de setembro, ESO, será o vindeiro xoves, día 6, de 12:00 a 14:00 horas
Leer más...