HORARIO SECRETARÍA PARA A ADMISIÓN 2019/20

HORARIO DE MAÑÁ (LUNS-VENRES) : 9:00 - 14:00 HORAS

HORARIO TARDE (LUNS) : 16:30 - 19:00 HORAS.
Leer más...

ADMISIÓN 2019/20


INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2019/2020

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)
1.       Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro)
2.       Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
3.       Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.
4.       O criterio complementario do centro ( 1 punto) é para fillos/as, netos/as de antigos alumnos.
5.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
6.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
7.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8.       Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
9.       Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).
10.   Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
11.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)
·         Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).
·         Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:
a)      Entregándoa no centro de orixe do alumno (centro no que está actualmente escolarizado).
b)    Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
·         A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
·         A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo).
·         A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)
1.       Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
2.       Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
3.       Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.
4.       Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.
5.       As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:
a)      Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II (modelo ED550B), que pode recoller gratuitamente no centro ou descargar dende a páxina web da Consellería.
b)      Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado



NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
Ligazón (galego):
Enlace (castellano):
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
Ligazón (galego):
Enlace (castellano):
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)
Ligazón (galego):
Enlace (castellano):




ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
(PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)



CALENDARIO




Leer más...

AVIFAUNA

Os nenos de 1° e 2° de primaria foron ao centro  ortinolóxico Avifauna, onde puideron ver máis de 200 especies de aves, entre elas o casuario,a ave máis perigosa do mundo. #avifauna


Leer más...

ECONOMÍA CIRCULAR

Dentro do ano dedicado á ciencia, o alumnado de 1°ESO asiste a unha charla sobre economía circular, unha maneira de aproveitamento dos recursos para fomentar nos máis novos o coidado do noso planeta, convertendo os residuos en recursos aproveitables. Impartido por Benito García, responsable de ITE Ambiental. #economiacircular #iteambiental #voznatura



Leer más...

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Continuamos coas charlas de educación afectivo-sexual en 3° ESO para concienciar ao noso alumnado da necesidade de vivir a sexualidade de forma sana, feliz e responsable. #educacionafectivosexual


Leer más...

CHARLAS DO SEPRONA

Os alumnos de 3EP a 6EP, dentro do programa Voz Natura, recibiron dúas charlas co responsable do SEPRONA sobre a necesidade do cumprimento das normas para a conservacion da natureza e do medio ambiente. #seprona #voznatura 

Leer más...