LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN 2019/20

Leer más...

DÍA DE LIBRE DISPOSICIÓN

O vindeiro día 20 de maio, non haberá clase, por ser o día de libre disposición solicitado e adxudicado ao centro.
Leer más...

Axudas STEMweek 2019 para alumnado de 3º e 4º de ESO


AxudasSTEMweek 2019 para alumnado de 3º e 4º de ESO

A Consellería convoca axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

O obxectivodestasaxudas é realizar  actividades de formación para mellorar as competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxicaou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

REQUISITOS:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réximexeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicadaunhaprazaobxectodesta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.

ACTIVIDADES CONVOCADAS:

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte
COMPOÑENTES DA AXUDA:
A contía da axuda para cada persoa beneficiaria será o custo total da actividade:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de manutención e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

SOLICITUDES:
·                     As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .
·                     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros.
·                     O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dousincluídos.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

1º. Nota media do expediente no curso 2017/18: ata 10 puntos.
2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos. 
4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista de grande invalidez dalgúnmembro da unidade familiar en primeiro grao: 3 puntos.

PARA CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN:

·                     Web Consellería de Educación.



Leer más...

Premio Nacional no concurso " La campana contra el acoso"

Leer más...

MAXIA NA ESCOLA

A maxia visitou o noso colexio e fixo a ledicia dos alumnos de E. Primaria e 6º de E. Infantil. Espectáculo recollido dentro da Semana da Maxia e gravado para a TVG.

Podedes ver o espectáculo en Galicia Noticias TVG, de 14:00 a 14:30 horas. Tamén no telexornal.













Leer más...

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Este sábado 4 de maio, os compañeiros de 4º de ESO e os do taller científico, participaron na XXIV edición do "Día de la Ciencia en la calle" que se celebrou durante toda a xornada no entorno del Parque de Santa Margarita en A Coruña. Outros compañeiros presentaron os seus traballos científicos nos que estiveron traballando ao longo de todo o ano: unha bicicleta xeradora de electricidade, un experimento sobre a fotosíntese, outros sobre a luminiscencia etc.
 Ao mesmo tempo, puideron compartir con otros pequenos científicos de Galicia que a ciencia é algo sorprendente e divertido.


















Leer más...