INFORMACIÓN MATRÍCULA

- Datas de matrícula para alumnado de nova incorporación:
   - Educación Infantil e Primara: do 20 de xuño ao 1 de xullo.
   - E.S.O :  do 25 de xuño ao 10 de xullo.


- Alumnado que curse BAC e FPGM, nos respectivos centros:
  - B.A.C: :25 de xuño ao 10 de xullo.
  - FPGM: do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
Leer más...

INFORMACIÓN

Os vindeiros días 28 e 29 de maio terán lugar a Avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria e a Avaliación final de Educación Primaria (6º curso).
Leer más...

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019-20

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019-20
NORMATIVA: ORDE do 3 de maio de 2019.
PRAZO
Prazo de presentación: 21/05/2019 - 21/06/2019
ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 6 libros; superior a 5400 e inferior a 9000 euros: 4 libros. Para ser beneficiario desta axuda é obrigatorio devolver os libros e o material reutilizable adquiridos coas axudas e o fondo solidario. O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2019 EP e ESO; agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 6 de setembro de 2019.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde. Neste caso os beneficiarios non teñen que facer devolución,
a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:
90 euros.
b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de
centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas
será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 50 euros.
RENDA PER CÁPITA:  
É a renda da unidade familiar entre o nº de membros computables, recadros 415+435, para os que presentaron declaración do IRPF no ano fiscal 2017. Senón será a suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera  natureza.
UNIDADE FAMILIAR:
Son membros da unidade familiar (a 31 de decembro de 2017)
a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores
do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma
consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar
permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito
ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño de 2019 (incluído).
Os pais presentan unha única solicitude no centro, independentemente dos fillos matriculados. Solicitude que se pode recoller no propio centro ou na páxina web, por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Poderanse presentar , tamén,  as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou de xeito telemático.
Presentarase copia do Libro de Familia (orixinal para comprobación) no que figuren os membros computables da unidade familiar.
Sentencia xudicial  ou convenio regulador onde se reflicte a situación do menor, certificado de empadroamento, certificado do Concello ou dos Servizos Sociais que acredite a situación familiar, certificado de discapacidade  de calquera membro da unidade familiar, situación de tutela pola Xunta de Galicia, situación de violencia de xénero,..
Na solicitude aparecen marcados por defecto a consulta do DNI, a declaración da renda e o grao de discapacidade. Caso de que se marque a non autorización da consulta, presentaranse os orixinais e fotocopias dos documentos acreditativos.
DATAS DE PUBLICACIÓN:
-          Listaxes provisionais EP e ESO: 2 de xullo.
-          Listaxes definitivas EP: 5 de xullo.
-          Listaxes definitivas ESO: 14 de setembro.


Lugo, a 21 de maio de 2019
Leer más...

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN 2019/20

Leer más...

DÍA DE LIBRE DISPOSICIÓN

O vindeiro día 20 de maio, non haberá clase, por ser o día de libre disposición solicitado e adxudicado ao centro.
Leer más...

Axudas STEMweek 2019 para alumnado de 3º e 4º de ESO


AxudasSTEMweek 2019 para alumnado de 3º e 4º de ESO

A Consellería convoca axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

O obxectivodestasaxudas é realizar  actividades de formación para mellorar as competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxicaou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

REQUISITOS:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réximexeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicadaunhaprazaobxectodesta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.

ACTIVIDADES CONVOCADAS:

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte
COMPOÑENTES DA AXUDA:
A contía da axuda para cada persoa beneficiaria será o custo total da actividade:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de manutención e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

SOLICITUDES:
·                     As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .
·                     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros.
·                     O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dousincluídos.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

1º. Nota media do expediente no curso 2017/18: ata 10 puntos.
2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos. 
4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista de grande invalidez dalgúnmembro da unidade familiar en primeiro grao: 3 puntos.

PARA CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN:

·                     Web Consellería de Educación.



Leer más...