PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

O Divino Maestro de Lugo resultou galardoado co 3° premio desta convocatoria realizada polo grupo SM e Escolas Católicas; co que queren recoñecer proxectos pedagóxicos que promovan abordaxes innovadoras que favorezan a aprendizaxe, a integración, o emprendemento…




Leer más...

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (AXUDASLE)



AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (AXUDASLE)







 Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Podes informarte sobre as bases desta convocatoria premendo no enlace anterior. Os principais aspectos a ter en conta son:

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en xime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formacn, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020

As actividades que se convocan están especificadas no anexo IV da orde, e son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

Na sede electrónica o código de procedemento que identifica esta convocatoria é
ED504B. As solicitudes presentaranse preferiblemente por sede electrónica.



Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 26 de marzo de 2020


Terceiro. Período de realización

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

Cuarto. Persoas beneficiarias

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que reúna os seguintes requisitos:


a)       Estar cursando, no xime xeral, 1º, 2º, ou de educación secundaria obrigatoria, ou ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b)  Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.

c)  Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación nima de ben no curso de educación primaria para o alumnado de de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, e cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

d)      Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

e)    Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

f)    Non estar incurso nas prohibicns para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencns de Galicia.



g)    Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.




Quinto. Colaboración dos centros educativos.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional remitirá aos centros docentes información en formato electrónico sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2.    A Dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás asociacións de nais e pais (Anpas) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado.

Así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado. (Lembrade que dito taboleiro, por normativa de protección de datos de carácter persoal, non debe ser accesible desde o exterior).

3.    O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina da internet http://www.edu.xunta.es/axudasle









Leer más...

" 75 ANIVERSARIO "

A Congregación de Misioneiras e Cooperadores Seglares do Divino Maestro celebra o 75 aniversario do seu nacemento. Por este motivo, estades todos convidados á Eucaristía de Acción de Grazas, e posterior merenda, que se celebrará o vindeiro luns 9 de marzo ás 19.30h na parroquia de San Antonio



Leer más...

VACANTES 2020/2021


* En 3º de ESO auméntase unha praza vacante, quedando 7 prazas para a admisión do ano 2020/2021.
Leer más...

ADMISIÓN 2020/2


INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021


CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)
1.       Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 17 de febreiro)
2.       Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-23 de marzo. A través da sede electrónica da Xunta de Galicia este prazo será só do 1-20 de marzo.
3.       Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 26 de marzo ao 14 de abril, ambos os dous incluídos.
4.       O criterio complementario do centro ( 1 punto) é para fillos/as, netos/as de antigos alumnos.
5.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
6.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
7.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8.       Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
8.       Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
9.       Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-17 de febreiro)
·         Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).
·         Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:
a)      Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).
b)      Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
·         A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
·         A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo).
·         A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-23 de marzo)*
*Ampliado o prazo por non ser lectivo o día 20 de marzo. Só para entregar no centro educativo.
1.       Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
2.       Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
3.       Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.
4.       Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.
5.       As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
a)      Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
b)      Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923 e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
c)       Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)
Ligazón (galego):
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
(PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)


CALENDARIO
                                                         
Leer más...