LETRAS GALEGAS



Este ano non estarán os corredores decorados cos habituais paneis dedicados ao autor das Letras Galegas; pero iso non impedirá que nestes días, dende as aulas virtuais, recordemos a figura do célebre Ricardo Carvalho Calero.











Leer más...

CAMPAÑA MISIONERA

Queridas familias,

 Este año la campaña misionera no se podrá realizar como lo hemos venido haciendo a lo largo de tantos años.

 Pero es importante que sepáis que desde los colegios Divino Maestro de todas las zonas del mundo esta campaña sigue adelante. Con matices y algunos cambios, pero sigue adelante.

 De momento os presentamos el video que motiva la campaña de este año 2020, que seguirá como el año anterior encaminada a paliar las necesidades de nuestros colegios en Venezuela.

 El lema es: “Misionero actívate! Tu ayuda da vida y esperanza”

Un abrazo a todos y muchas gracias.


Leer más...

INFORMACIÓN

 Benqueridas familias,

A diercción do centro comunícavos: 
1.      Horario de apertura do centro. Horario de mañá  de 9.00 a 14.00 horas, para xestións administrativas Para todos aqueles que acudan ao centro prégase seguir as medidas de seguridade aconselladas desde as autoridades sanitarias.

2.      Programacións. A partir do día 14 de maio poderán consultar na páxina web as adaptacións das programacións para este curso cos criterios de cualificación.

3.      Ordenadores en préstamo. A Xunta deixounos un portátil cun Kit de conexión wifi e unha editorial dous dispositivos máis. Xa están entregados. O criterio empregado foi comezar desde 4º de ESO e seguir por cursos inferiores.

4.      Recollida de material escolar que aínda tedes no centro. Dada a inquietude que nos achegaron as familias de Educación Infantil á dirección do centro, procederase a entrega de material seguindo os protocolos de sanidade. As titoras de Educación Infantil comunicarán a través do correo de aula a hora e día de entrega. Prégase ás familias das outras etapas, que se non é estritamente necesario, esperen ata despois do día 26 de maio.

5.      Queda suspendida a Graduación de 6º Educación Infantil, quedando pendente a  de 4º ESO.

6.      As Informacións relativas a Fondo de Libros, reincorporación de alumnado de Educación Infantil e 4º de ESO, serán comunicadas tan pronto como a Consellería estableza as instrucións pertinentes. Tamén se informará de actividades estraescolares, listaxe de libros para o vindeiro curso e calquera información académica a medida que o centro dispoña dela.


Recibide un cordial saúdo.

Atentamente
Mónica González Carballo
Leer más...

GRAZAS AMPA DIVINO MAESTRO E CIFP AS MERCEDES

Vivimos tempos difíciles, nos que unha pandemia, de súpeto, nos obrigou a paralizar as nosas vidas e ficar na casa; pero como dicimos en Galicia “nunca choveu que non escampara”. No medio de grises nubarróns, un halo de luz e solidaridade materializado na ANPA do noso colexio veu visitarnos. A Asociación de Nais e Pais do Divino Maestro de Lugo, en colaboración co CIFP As Mercedes, dotarán a toda a comunidade educativa de pantallas protectoras contra o Covid 19. Dende o Equipo Directivo e Claustro de Profesores só podemos dicir GRAZAS. Millóns de grazas por esta iniciativa pensada no beneficio de todos e cada un dos membros da comunidade educativa.
Leer más...

DÍA DE LIBRE DISPOSICIÓN

O vindeiro luns 18 de maio, o centro permanecerá pechado, por ser  día de libre disposición solicitado e adxudicado ao centro.
Leer más...

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISION DO ALUMNADO CURSO 2020-21

SERÁ NECESARIO SOLICITAR CITA PREVIA PARA A ENTREGA DE SOLICITUDES A TRAVÉS DOS TELÉFONOS DO CENTRO

RESTABLECEMNTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2020-21

Segundo a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos da Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio de Comunidade Autónoma de Galicia do 5 de maio de 2020. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990

Nesta resolución establécense as novas datas de reapertura do proceso de admisión do alumnado de 2º ciclo de EI, EP, ESO e BAC. Quedando do seguinte xeito:


NOVO PROCESO DE ADMISIÓN

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
 11 ao  18 de maio  (hora límite de presentación no centro educativo será ás 14:00)
Entrega de documentación  ( só centros que bareman)
Ata 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido  e non admitido
8 de xuño ás 14:00
Prazo de reclamación
Do 10/06 ao 12/06
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
18 de xuño ás 14:00

NOVO PERIODO DE MATRÍCULA

Matrícula  EI e EP
Do 1 ao 10 de xullo
Matrícula ordinaria en ESO e BAC
Do 1 ao 10 de xullo
Matrícula extraordinaria en ESO e BAC
Do 1 ao 10 de setembro

Horario de atención ao público do 11 de maio ao 18 de maio de 10:00-13:00

A través do cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es  ou do teléfono centro 982216844- 679035728

SERÁ NECESARIO SOLICITAR CITA PREVIA PARA A ENTREGA DE SOLICITUDES A TRAVÉS DOS TELÉFONOS DO CENTRO
Leer más...