INFORMACIÓN

INFORMANDO: 1º CASO DE CORONAVIRUS NO CENTRO


 

 

Como seguramente moitas e moitos xa saberedes, acabamos de rexistrar o primeiro caso de coronavirus nun alumno do noso centro. Con toda a prudencia do mundo, queremos facer unha chamada á tranquilidade: trátase dun contaxio no medio familiar que non  garda relación coa asistencia ao colexio e que, polo menos en principio, non vai conlevar confinamento nin probas PCR, pois Sanidade estima que non houbo posibilidade de contaxio no colexio.

Confiamos en que non se producira transmisión dentro do centro, pois xa hai seis días desde o illamento da alumna en cuestión, non manifestándose o contaxio ata a tarde de onte.

Aínda así, queremos chamar a toda a comunidade a extremar as precaucións e non relaxarnos : máscara, distancia, xel e  ventilación.  En caso de dúbidas sobre a sintomatoloxía, débese obrar con cautela e contactar cos servizos sanitarios antes de decidir ir ao cole e, se cadra, poñer en risco a toda a aula.

 Lembramos que, en caso de estar á espera de resultados de PCR, cómpre agardar na casa ata que se confirme o negativo (ou o que indiquen os sanitarios). Se se convive cun positivo, débese gardar corentena o tempo que indiquen os sanitarios.

Manteremos puntualmente informada a toda a comunidade educativa de calquera novidade que se puidera producir ao respecto, con total transparencia e asumindo sempre as medidas máis restritivas posibles para preservar a saúde de todas e todos. Grazas pola comprensión e colaboración.

 

Leer más...

PASAMENTO DA Hna. AMALIA

Con gran pesar comunicamos que no día de onte faleceu a Hna. Amalia Garabatos, misioneira do Divino Maestro e superiora da Comunidade de Lugo. O funeral terá lugar hoxe, xoves, 22 de outubro, ás 18:00 h na parroquia de San Antonio. Descanse en paz.

Leer más...