12 DE NOVEMBRO: A NOSA FESTA

 


FELICIDADES A TODA A FAMILIA DO DIVINO MAESTRO DE LUGO, 
DE TODOS OS NOSOS COLEXIOS E COMUNIDADES DE ESPAÑA , AMÉRICA E ÁFRICA

Nos momentos difíciles e duros é bo contar cos teus, coa túa xente. Estamos vivindo tempos complicados, pero é un pracer estar ao lado dos profes, do alumnado e das nais, pais e avós que nos acompañan nesta viaxe.
Sairemos adiante e virán tempos mellores: o Divino Maestro impulsa a nosa nave e danos folgos para continuar. 
QUE TODOS TEÑAMOS UN BO DÍA!

Leer más...

FESTA DO DIVINO MAESTRO

 A pesar da crise sanitaria, dos positivos, de todos os problemas...

mañá estamos de festa!


Leer más...

SITUACIÓN COVID NO CENTRO

 


Informamos da situación sanitaria no noso centro no que ten ver coa pandemia Covid19:

A día de hoxe temos un profesor e tres alumnos contaxiados, todos de diferentes cursos e sen relación entre os diversos casos. Algún destes alumnos xa está a piques de se reincorporar ao colexio. Todos evolucionan moi favorablemente ou son asintomáticos.

É posible que nos próximos días aumenten estas cifras, dado que hai alumnado á espera de PCR ou agardando resultados. É posible que a prensa reflicta outros datos, pois seguen contabilizando casos xa dados de alta e algún dos actuais foi, inexplicablemente, notificado por duplicado.

Polo momento toca manter a calma, extremar as precaucións e estar alerta ante calquera síntoma que puideramos detectar. 

Leer más...

FESTA DO DIVINO MAESTRO

 

Benqueridas familias:

Un ano máis  achégase o 12 de novembro, unha data certamente especial para toda a nosa comunidade educativa: a festividade do DIVINO MAESTRO. Chega unha xornada agardada por todos, que celebramos e sentimos especialmente e na que colexio se viste de festa.

Neste curso tan diferente, tan frío nalgúns aspectos, a nosa principal prioridade é asegurarnos de que os nosos alumnos poidan, malia todo, disfrutar e vivir a nosa festa, a súa festa, garantindo en todo momento o cumprimento do protocolo sanitario marcado pola COVID-19.

Para a vosa tranquilidade, comunicámosvos que nas diversas dinámicas que levaremos a cabo, así como nas distintas celebracións e actividades varias, se manterán en todo momento os “grupos burbulla" establecidos. Así mesmo, as entradas e saídas do centro realizaranse de xeito graduado, tal e como se vén facendo dende comezos de curso. Haberá en todo momento ventilación cruzada e minimizarase a entrega de calquera tipo de material.

Debido a esta situación extraordinaria que nos toca vivir, tristemente, non poderemos celebrar a tradicional Eucaristía do Divino Maestro na nosa parroquia de San Antonio. Tampouco repartiremos as saborosas napolitanas, ni realizaremos xogos tradicionais no patio do colexio. Todo coa fin de garantir a seguridade de todos os membros da comunidade educativa.

Esperamos que todo o mundo entenda que estas medidas só buscan preservar a saúde de todos, alumnos, profesores, familias, PAS…

Así, o vindeiro XOVES 12, a comunidade educativa festexará o evento cun horario especial que vos facilitaremos a continuación:

Xuntos traballamos por darlle vida ao lema deste ano: “Tú lo llenas todo” e xuntos crearemos a escola, a familia do Divino Maestro.

 Con todo o noso afecto.

        A comunidade  e a  dirección do Colexio Divino Maestro.


                                                 FELIZ FESTA DO DIVINO MAESTRO


Leer más...

NOVOS CASOS DE COVID 19

 

Informamos a toda a comunidade educativa da existencia de dous novos casos de Covid 19 en alumnado do noso centro. Nos dous casos se trata de contaxios que con toda probabilidade se produciron en actividades alleas ao colexio. 
Os dous alumnos en cuestión levan varios días sen acudir ás aulas, polo que as posibilidades de contaxio son aínda menores, aínda que nada se pode descartar.

Unha vez máis, chamamos á tranquilidade e á responsabilidade ao alumnado, ás familias e mesmo ao profesorado. Coma sempre,  e aínda que as indicacións de Sanidade son contraditorias, actuaremos coa máxima prudencia e con total transparencia: Optaremos  polas medidas máis restritivas e pola maior cautela para tratar de preservar a saúde de todas e todos.
Máscara, ventilación, distancia, hixiene!








Leer más...

LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

Este ano, a crise sanitaria obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas a mañá, sábado 31 de outubro. A Real Academia Galega elixiu esta data para render tributo ao traballo de quen tería cumprido hoxe 110 anos. Dende o cole rendemos a nosa humilde homenaxe a Ricardo Carvalho Calero coa lectura de "As pitas baixo a chuvia". #letrasgalegas #CarvalhoCalero



Leer más...