INFORMACIÓN SITUACIÓN COVID19

 


Como cabía prever, a situación epidemiolóxica na nosa comunidade estase deteriorando a gran velocidade. No que se refire ao colexio, cómpre dicir que temos dous alumnos contaxiados, así coma varios confinados por contacto con positivos, aínda que o alumnado en cuestión dera negativo. 

Igualmente, hai que dicir, aínda que nos afecte indirectamente, que hai varios positivos entre as familias, o que conleva as consabidas corentenas do alumnado convivinte. Con toda probabilidade, estes datos incrementaranse nos próximos días, de modo que temos que estar preparados.

Procuremos manter o contacto constante entre familias e centro educativo para que o alumnado sufra o menos posible no que se refire ao seu proceso educativo e prioricemos a saúde por riba de calquera outra consideración, así que extrememos as precaucións: máscara, distancia, ventilación, xel!

TELÉFONOS CONTACTO DO CENTRO: 

- 982.216844

                                      - 679.035722 (fóra do horario escolar)

CORREO-E: cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es


Leer más...

EUCARISTÍA 75 ANIVERSARIO

 Este venres ás 11:15 podedes acompañar á familia Divino Maestro na Eucaristía de clausura do 75 aniversario da fundación das Misioneiras do Divino Maestro. ¡Estades todos convidados!
Para poder acceder ao streaming fai click: 




Leer más...

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2º CICLO ED. INFANTIL



Comunicamos que se vén de publicar a listaxe definitiva de adxudicación de axudas do concello de Lugo para material escolar do alumnado de segundo ciclo de educación infantil.

- Exposición: https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios ou oficinas de educación.

- Lugar recollida: Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros)


- Horario: de 9 a 14h


A causa da situación sanitaria as/os solicitantes co primeiro apelido comece por unha letra do A ao L recollerán o vale en días impares (11, 13, 15, 19 ou 21) e os do M ao Z os pares (12, 14, 18, 20 ou 22).


Documentación precisa:

-Certificado escolar onde conste identificación da/o nena/o así como o centro e o curso.

-No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste e copia do dni.



Leer más...

BO NADAL!

 Benqueridas familias,

o Colexio "Divino Maestro" quere achegarvos a súa máis agarimosa 

felicitación nestas datas do Nadal.

O Nacemento deste ano é humilde -ten a pobreza dun pesebre- e quere achegarnos unha mensaxe de esperanza, tan necesaria nestes momentos que estamos a pasar: deixemos que a Luz do Neno ilumine as nosas vidas.



O Equipo Directivo, o Claustro e a Comunidade de relixiosas DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS DE NADAL E UN VINDEIRO ANO CHEO DE LEDICIA E PROSPERIDADE.

Leer más...

COVID 19: ACTUALIZACIÓN DOS DATOS NO NOSO CENTRO




Actualizamos os datos referidos á evolución da pandemia no noso centro: despois dun momento complicado, esta semana o virus deunos unha tregua: xa non hai casos activos na ESO e, de non xurdir ningunha novidade, a principios da semana que vén terán a alta todos os casos que tivemos en Primaria e o único que houbo en Infantil. así que se incorporarán ás aulas con normalidade.
Levamos máis de 8 días sen notificar novos casos.

En todo caso, non baixemos a garda! Que estes datos tan esperanzadores non nos fagan relaxarnos: a situación na cidade segue sendo preocupante e de seguro que xurdirán novos gromos, de modo que... máscara, xel, distancia, ventilación!!!

Como adoita suceder, a prensa tardará uns días (ou semanas) en  reflectir esta evolución.




Leer más...

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Este venres pasado publicouse no Diario Oficial de Galicia a  orde do 6 de novembro de 2012  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en privados concertados no curso 2020/21.

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER Á SOLICITUDE


1. Destinatarios das axudas. 

a) O alumnado destas etapas que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021 (en virtude da Orde de 12/05/2020). Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, adquire automaticamente o dereito ás máscaras

b) O resto do alumnado, que non presentou no seu momento a solicitude de axudas para material escolar ou quedou excluído, poderá presentar a solicitude correspondente, sempre que se cumpran os requisitos de renda recollidos na orde. Os requisitos económicos son os mesmos que para acceder ás axudas para libros de texto e material escolar. 

2. Modelo de solicitude e prazo

A solicitude formalizarase a través do modelo oficial contemplado no Anexo I da Orde (ver ligazón anterior).

 A solicitude será única para todos os fillos ou fillas, salvo que estean escolarizados en centros distintos. Código de procedemento: ED330E. 

Presentación: No centro docente, ou a través da sede electrónica da xunta O prazo fixado no DOG é de 10 días hábiles contados a partir da publicación da orde no DOG. O último día do prazo é, polo tanto, o venres 27 de novembro de 2020.


DOCUMENTACIÓN que se debe xuntar coa solicitude (artigo 9º): 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. De non existir, o artigo contempla outras formas de acreditación dos membros computables. 

c) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 d) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, de ser o caso.

 f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

 

NON SERÁ NECESARIO achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21. E como salientamos no apartado 1, o alumnado beneficiario das axudas para material escolar non terá que presentar a solicitude. 

3. Criterios de concesión da axuda. 

3.1. Alumnado beneficiario das axudas para material escolar. 

3.2. Alumnado que non fose beneficiario das axudas para material escolar, nos seguintes supostos:

 • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. As regras para o cálculo desta renda regúlanse nos artigos 3º e seguintes. 

• Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Leer más...