EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA NO CENTRO

 


Informamos da evolución dos contaxios no noso centro: a día de hoxe temos tres casos activos, que corresponden a dous alumnos/as (de diferentes cursos e etapas) e unha profesora. Estas tres persoas levan sete días ou máis sen acudir ao centro, sen que se detectasen novas infeccións. Seguindo indicacións de Sanidade, nalgúns casos procedemos a illar aos máis cercanos; noutros, non foi necesario: desde o centro fixemos sempre o que nos indicaron as autoridades sanitarias, nun sentido ou noutro.

Parece evidente, a día de hoxe, que non houbo transmisión dentro do centro, senón que se trata de casos claros de contaxios no seo das familias que non produciron novos casos no colexio, pese a haber contacto. Que quere dicir isto? pois que as medidas adoptadas no protocolo parecen funcionar, pois parecen evitar a transmisión: MÁSCARA, xel, ventilación e distancia! E dicimos isto con toda a prudencia do mundo: todos somos conscientes da fraxilidade da situación e vemos acotío como isto pode empeorar dun momento a outro.

Con todo, cómpre estar alerta ante calquera síntoma, optar sempre pola prudencia en caso de dúbida e tratar de protexernos: xurdirán novos casos e seguiremos tendo problemas. 

Leer más...

NOVO LIBRO SOBRE A VIDA DOS NOSOS FUNDADORES

 

Co gallo do 75 aniversario da Congregación vénse de editar un novo libro sobre a vida dos nosos fundadores, Francisco Blanco Nájera e Madre Soledad, que se titula La inspiradora vida de Francisco y Soledad. 

Resulta perfecto para mergullarvos na historia de Pachico e Soledad dunha maneira máis amena, divertida e chea de ilustracións. 



Leer más...

INFORMACIÓN SITUACIÓN COVID19

 


Como cabía prever, a situación epidemiolóxica na nosa comunidade estase deteriorando a gran velocidade. No que se refire ao colexio, cómpre dicir que temos dous alumnos contaxiados, así coma varios confinados por contacto con positivos, aínda que o alumnado en cuestión dera negativo. 

Igualmente, hai que dicir, aínda que nos afecte indirectamente, que hai varios positivos entre as familias, o que conleva as consabidas corentenas do alumnado convivinte. Con toda probabilidade, estes datos incrementaranse nos próximos días, de modo que temos que estar preparados.

Procuremos manter o contacto constante entre familias e centro educativo para que o alumnado sufra o menos posible no que se refire ao seu proceso educativo e prioricemos a saúde por riba de calquera outra consideración, así que extrememos as precaucións: máscara, distancia, ventilación, xel!

TELÉFONOS CONTACTO DO CENTRO: 

- 982.216844

                                      - 679.035722 (fóra do horario escolar)

CORREO-E: cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es


Leer más...

EUCARISTÍA 75 ANIVERSARIO

 Este venres ás 11:15 podedes acompañar á familia Divino Maestro na Eucaristía de clausura do 75 aniversario da fundación das Misioneiras do Divino Maestro. ¡Estades todos convidados!
Para poder acceder ao streaming fai click: 




Leer más...

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2º CICLO ED. INFANTIL



Comunicamos que se vén de publicar a listaxe definitiva de adxudicación de axudas do concello de Lugo para material escolar do alumnado de segundo ciclo de educación infantil.

- Exposición: https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios ou oficinas de educación.

- Lugar recollida: Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros)


- Horario: de 9 a 14h


A causa da situación sanitaria as/os solicitantes co primeiro apelido comece por unha letra do A ao L recollerán o vale en días impares (11, 13, 15, 19 ou 21) e os do M ao Z os pares (12, 14, 18, 20 ou 22).


Documentación precisa:

-Certificado escolar onde conste identificación da/o nena/o así como o centro e o curso.

-No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste e copia do dni.



Leer más...

BO NADAL!

 Benqueridas familias,

o Colexio "Divino Maestro" quere achegarvos a súa máis agarimosa 

felicitación nestas datas do Nadal.

O Nacemento deste ano é humilde -ten a pobreza dun pesebre- e quere achegarnos unha mensaxe de esperanza, tan necesaria nestes momentos que estamos a pasar: deixemos que a Luz do Neno ilumine as nosas vidas.



O Equipo Directivo, o Claustro e a Comunidade de relixiosas DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS DE NADAL E UN VINDEIRO ANO CHEO DE LEDICIA E PROSPERIDADE.

Leer más...