ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN


 

Leer más...

OFERTA POSTOS ESCOLARES CURSO 2021/2022

Segundo resolución da Xefatura Territorial de Educación, comunicada hoxe, 26 de febreiro de 2021, os postos escolares que se ofertan para o curso 2021/2022 no CPR "Divino Maestro" de Lugo son os seguintes:

     - 4º Ed. Infantil: 25*

     - 2º Ed. Primaria: 1
     - 5º Ed. Primaria: 1

     - 1º ESO: 5*
     -2º ESO: 6
     - 3º ESO: 3
     - 4º ESO: 7


* Destes, resérvanse 3 postos escolares en 4º de E. Infantil e en 1º de ESO para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Leer más...

ADMISIÓN CURSO 20121/22: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 






Leer más...

ADMISIÓN CURSO 2021/22

 

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

 

CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

O CPR Plurilingüe “Divino Maestro”  de Lugo non está adscrito a ningún outro centro, polo que nesta fase non hai que facer ningún trámite: o alumnado do centro que continúa no centro ten a súa praza reservada e o de nova incorporación fará a solicitude do 1 ao 22 de marzo.

 

1.      Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.

2.      Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

3.      Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-22 de marzo.

4.      Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.

5.      Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

6.      Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

7.      Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

8.      Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA

9.      Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.

10.   Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

11.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN (1-22 de marzo)*

*Ampliado o prazo por non ser lectivo o día 20 de marzo.

1.      Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).

2.      Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

3.      Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

        No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

4.      Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.

5.      As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :

a)      Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

b)      Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

 https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

c)       e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

d)     Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

               ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se   desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con        fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de        educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de              educación (código de procedemento ED550A e ED550B).


ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES



(PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

Para ver mellor a imaxe, faga Ctrl+clic na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060


 CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

Criterio

Puntuación

Irmáns no centro

Primeiro irmán: 8 puntos

Segundo e seguintes: 2 puntos cada un

Traballador do propio centro

3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores

Proximidade do domicilio familiar

Na área de influencia: 6 puntos

En áreas limítrofes: 3 puntos

Noutras áreas: 0 puntos

Lugar de traballo do pai, nai, titor

Na área de influencia: 4 puntos

En áreas limítrofes. 2 puntos

Noutras áreas: 0 puntos

Renda anual per cápita da unidade familiar

Inferiores a 0,5 veces o Iprem: 3 puntos

 

Igual ou superior a 0,5 veces e inferior a 0,75veces o Iprem: 2 puntos

 

Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao iprem: 1 punto

 

Igual ou superior ao Iprem: 0 puntos

Discapacidade

No alumno/a: 4 puntos

No pai, nai, titor/a: 3 puntos

Irmán ou irmá: 1 punto cada un

 Condición de Familia numerosa

Categoría Xeral: 2 puntos

Categoría Especial: 3 puntos

Condición de familia monoparental

2 puntos

Criterio do centro

1 punto







Leer más...

EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA NO CENTRO

 


Informamos da evolución dos contaxios no noso centro: a día de hoxe temos tres casos activos, que corresponden a dous alumnos/as (de diferentes cursos e etapas) e unha profesora. Estas tres persoas levan sete días ou máis sen acudir ao centro, sen que se detectasen novas infeccións. Seguindo indicacións de Sanidade, nalgúns casos procedemos a illar aos máis cercanos; noutros, non foi necesario: desde o centro fixemos sempre o que nos indicaron as autoridades sanitarias, nun sentido ou noutro.

Parece evidente, a día de hoxe, que non houbo transmisión dentro do centro, senón que se trata de casos claros de contaxios no seo das familias que non produciron novos casos no colexio, pese a haber contacto. Que quere dicir isto? pois que as medidas adoptadas no protocolo parecen funcionar, pois parecen evitar a transmisión: MÁSCARA, xel, ventilación e distancia! E dicimos isto con toda a prudencia do mundo: todos somos conscientes da fraxilidade da situación e vemos acotío como isto pode empeorar dun momento a outro.

Con todo, cómpre estar alerta ante calquera síntoma, optar sempre pola prudencia en caso de dúbida e tratar de protexernos: xurdirán novos casos e seguiremos tendo problemas. 

Leer más...

NOVO LIBRO SOBRE A VIDA DOS NOSOS FUNDADORES

 

Co gallo do 75 aniversario da Congregación vénse de editar un novo libro sobre a vida dos nosos fundadores, Francisco Blanco Nájera e Madre Soledad, que se titula La inspiradora vida de Francisco y Soledad. 

Resulta perfecto para mergullarvos na historia de Pachico e Soledad dunha maneira máis amena, divertida e chea de ilustracións. 



Leer más...