MISIÓN: El Tigre - Venezuela

 


Estimadas familias, animámosvos a que este sábado ás 17:30 participedes na I Marcha Misioneira en liña en favor do colexio do Tigre (Venezuela). Podedes seguir a retransmisión en directo na seguinte ligazón:



Moitas grazas pola vosa colaboración.
Leer más...

SERVIZO DE COMEDOR

 

INFORMACIÓN COMEDOR CURSO  2021/22

 

Como é ben sabido, estamos levando a cabo as xestións necesarias para poñer en marcha o servizo de comedor no noso centro ao comezar o próximo curso.


 Sería como segue:

 ·        Contrataremos unha empresa de cátering que elabora os menús diariamente na propia cidade de Lugo e que nolo servirá á hora que conveñamos. A empresa na que estamos pensando, AUSOLAN, presta o mesmo servizo noutros centros da cidade e a valoración que nos fixeron chegar foi positiva, tanto no que se refire á calidade da comida coma da seriedade no servizo. 

 ·        Un profesor do centro, ou dous –segundo o número do alumnado-, estará sempre presente no comedor, coidando do servizo. Ademais, a empresa achegará unha monitora encargada de servir, recoller, fregar…

  ·        O servizo prestaríase de 14:00 a 16:00 horas. A esa hora ou ben recollen a/o nena/o ou ben se incorpora a algunha das extraescolares que se anunciarán en breve.

 ·        PREZO: 5’50 €/día.

Poderase usar o servizo en días puntuais, con aviso previo, a non ser que se sobrepase a capacidade máxima das instalacións que se dispoñan.

         O comedor poñerase en marcha sempre e cando se chegue a un MÍNIMO de 15 alumn@s  diarios anotados.

Pode descargar o impreso de solicitude facendo clic AQUÍ.


Entrega da solicitude: secretaría ou dirección antes do día 31 de maio.



Leer más...

LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN

 




Hoxe, 14 de maio de 2021, a partir das 14:00 horas, quedarán expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22. 

En todo caso, non hai cambios a respecto das provisionais.

Leer más...

DÍAS NON LECTIVOS

 



No noso cole, luns, 17 de maio, Día das Letras, e martes, 18 de maio, día de libre disposición,
NON son lectivos

As clases reanudaranse con normalidade o mércores, 19 de maio.

Leer más...

INFORMACIÓN: SITUACIÓN SANITARIA DO CENTRO / MODIFICACIÓN DE PROTOCOLO

 


    Comunicamos a toda a comunidade educativa que, a día de hoxe, temos dous alumnos da ESO que deron positivo en Covid-19. Son casos que non gardan ningunha relación, de diferentes aulas, e sen contacto entre os afectados. Non parece probable que ningún dos contaxios teña a súa orixe ou garde relación coa actividade escolar.
    No primeiro caso, que xa está a piques de se reincorporar, efectuouse un cribado a todo o alumnado e profesorado da aula, sen que se detectasen novos positivos: parece que o protocolo funcionou, unha vez máis. 

    No caso que se vén de detectar hoxe, efectuarase un novo cribado para ver se houbo algún tipo de transmisión. Confiamos de novo na eficacia do protocolo e esperamos que non houbera contaxios dentro da aula, pero iso non quere dicir que baixemos a garda: máis que nunca cómpre ser prudentes, usar a máscara, manter as distancias, usar o xel...

CAMBIO NO PROTOCOLO

    Por outra banda, temos que comunicar a toda a comunidade educativa que o claustro de profesores tomou a decisión, xa comunicada ao Consello Escolar, de modificar o protocolo inicial e permitir o uso de balón en determinadas actividades da materia de Educación Física, con previa e posterior desinfección do material. Igualmente, en E. Infantil permitirase o uso do tobogán con desinfección entre usos.
Leer más...

PUBLICACIÓN LISTAXES DE ADMISIÓN

 


Ás 14:00 horas do día de hoxe, 23 de abril, publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/21. 

A publicación das listaxes definitivas terá lugar o vindeiro 14 de maio ás 14:00 h.

Leer más...