E. INFANTIL: AXUDAS DO CONCELLO PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

INFORMACIÓN

Acaban de publicarse as axudas do Concello para adquisición de libros e material escolar de alumnado de Ed. Infantil. 

Pódese descargar a solicitude facendo clic aquí.


Pódese ler a normativa e a documentación a presentar facendo clic aquí.

As solicitudes tramítanse directamente no Concello ou por sede electrónica, 
non hai que presentar nada no cole.
Leer más...

CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 



FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022

Descarga aquí a SOLICITUDE

NORMATIVA: ORDE do 06 de maio de 2021. ( procedemento ED330B)

 PRAZO

 Prazo de presentación: 21/05/2020 - 22/06/2021 (incluído).

 ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO

 - Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º,3ºe 4º de ESO. 


- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e Educación Especial (EE).


-
Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.  

 

RENDA PER CÁPITA

É a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019. Sumaranse os recadros 435 e 460 dividido entre o numero de membros computables.


1. Asignación de libros de texto 3º, 4º, 5º, 6º EP, e 1º, 2º, 3º 4º ESO)

·        Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros

·        Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros

·        Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros independentemente da renda

2. Contía da Axuda para adquirir libros de texto

a) Para o alumnado (1º, 2ºde E. Primaria)

·        Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210€

·        Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e inferior a 10.000€: 140€

b) Alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou unidades de EE de centros ordinarios, cunha discapadidade igual ou superior ao 65%: 275€

c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con inde-pendencia da renda per cápita da unidade familiar

d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, a que se refire a disposición adicional segunda desta orde:

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€: 140 €.

Alumnado de ESO:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€: 160 €.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €

UNIDADE FAMILIAR:

 Composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativos á violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:

 O prazo para presentación de solicitudes remata o día 22 de xuño de 2021 (incluído).

 Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar.

 A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.

  A Solicitude pódese recoller no propio centro, por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ , a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 


Descarga aquí a SOLICITUDE


Poderanse presentar, tamén, as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou de xeito telemático.

 

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

 1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 a) ANexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 1º. Certificado ou volante de convivencia.

 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sina-lado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

DATAS DE PUBLICACIÓN:

 

·        Listaxes provisionais EP e ESO: 5 de xullo

·        Listaxes definitivas EP: 10 de xullo

·        Listaxes definitivas ESO: 9 de setembro


   

Leer más...

MISIÓN: El Tigre - Venezuela

 


Estimadas familias, animámosvos a que este sábado ás 17:30 participedes na I Marcha Misioneira en liña en favor do colexio do Tigre (Venezuela). Podedes seguir a retransmisión en directo na seguinte ligazón:



Moitas grazas pola vosa colaboración.
Leer más...

SERVIZO DE COMEDOR

 

INFORMACIÓN COMEDOR CURSO  2021/22

 

Como é ben sabido, estamos levando a cabo as xestións necesarias para poñer en marcha o servizo de comedor no noso centro ao comezar o próximo curso.


 Sería como segue:

 ·        Contrataremos unha empresa de cátering que elabora os menús diariamente na propia cidade de Lugo e que nolo servirá á hora que conveñamos. A empresa na que estamos pensando, AUSOLAN, presta o mesmo servizo noutros centros da cidade e a valoración que nos fixeron chegar foi positiva, tanto no que se refire á calidade da comida coma da seriedade no servizo. 

 ·        Un profesor do centro, ou dous –segundo o número do alumnado-, estará sempre presente no comedor, coidando do servizo. Ademais, a empresa achegará unha monitora encargada de servir, recoller, fregar…

  ·        O servizo prestaríase de 14:00 a 16:00 horas. A esa hora ou ben recollen a/o nena/o ou ben se incorpora a algunha das extraescolares que se anunciarán en breve.

 ·        PREZO: 5’50 €/día.

Poderase usar o servizo en días puntuais, con aviso previo, a non ser que se sobrepase a capacidade máxima das instalacións que se dispoñan.

         O comedor poñerase en marcha sempre e cando se chegue a un MÍNIMO de 15 alumn@s  diarios anotados.

Pode descargar o impreso de solicitude facendo clic AQUÍ.


Entrega da solicitude: secretaría ou dirección antes do día 31 de maio.



Leer más...

LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN

 




Hoxe, 14 de maio de 2021, a partir das 14:00 horas, quedarán expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22. 

En todo caso, non hai cambios a respecto das provisionais.

Leer más...

DÍAS NON LECTIVOS

 



No noso cole, luns, 17 de maio, Día das Letras, e martes, 18 de maio, día de libre disposición,
NON son lectivos

As clases reanudaranse con normalidade o mércores, 19 de maio.

Leer más...