BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2021/22! 

    Despois do convulso curso anterior, confiamos en estar no camiño de volta á vella normalidade que tanto botamos de menos. Con todo, a situación creada pola Covid-19 está lonxe de rematar e vai seguir condicionando a nosa vida e a nosa escola.

    É por iso que practicamente todas as medidas que o curso anterior puxemos en marcha para defendernos do virus seguen vixentes con moi escasas modificacións (que vos comunicaremos á maior brevidade posible). Como dicíamos hai un ano: "Pedímosvos que poñades moito atención ás comunicacións que vos vaian chegando, xa que haberá modificacións, cambios na organización... e teremos que ir adaptándonos (...)".

   Estimamos que a colaboración de alumnado, familias e Colexio, así coma a responsabilidade individual de cada un de nós, foron chaves para sacar adiante o curso anterior, e volverán  selo de novo este ano: a prioridade segue sendo a saúde de todas/os!!

    Dito isto, e sendo conscientes da situación que vivimos, esperamos recuperar pequenas cousas que deixaramos atrás: algúns xogos no patio, as actividades extraescolares, algunha saída... e mesmo incorporar algunha novidade, como será a posta en marcha do comedor escolar! 

Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha! 

Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que iniciamos hoxe.

                                                                                                              O Equipo Directivo

Leer más...

FONDOLIBROS: LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA

- Publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas 

de Fondolibros para Primaria.



- Horario de atención ao público no mes de xullo:

 Luns a venres de 10:00 a 13:00 h.

Leer más...

LISTAS PROVISIONAIS FONDOLIBROS

 


Publicada listaxe provisional Fondo libros 2021/22. Pode consultarse no taboleiro do centro ou telefonicamente. A partir de mércores, en horario de 10:00 13:00 horas, poden recoller os cheques de 1º e 2º de Primaria e os cheques de material para todos os cursos.

Venres, 9 de xullo, listas definitivas de Primaria.

Leer más...

EXAMES DE SETEMBRO



 Pode ver as datas dos exames de sembro facendo clic aquí.

Leer más...

LIBROS DE TEXTO CURSO 21/22

 



Pode consultar a lista de libros de texto de Infantil e Primaria

 para o curso 21/22 aquí.

Pode consultar a lista de libros de texto da ESO para o curso 21/22 aquí.

Leer más...

PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 21/22

 

Á espera de ver como evoluciona a situación sanitaria, como comeza o curso e outras eventualidades, lanzamos a seguinte proposta de actividades extraescolares para o curso 2021/22. Pode consultala facendo clic aquí. 

Inclúense tanto as actividades ofertadas pola ANPA como as organizadas polo propio centro.

Como se indica no documento, os prezos serán similares aos de hai dous anos, pero aínda teñen que ser fixados polo Consello Escolar. 

A inscrición levarase a cabo en setembro se todo vai como agardamos.

Leer más...