ENTROIDO 2022



 O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!! 

Aínda coas limitacións propias destes tempos, imos manter vivo o espírito do Entroido na medida que poidamos, sempre garantindo o cumprimento das medidas anti-Covid. Así:

- NON haberá "festa gastronómica" no cole: este ano non poderemos traer filloas, orellas, roscas... ou outros doces tradicionais deste tempo como faciamos.
- SI teremos disfraces: non faremos o baile de todos os anos, teremos que manter a separación de cursos, pero estamos no camiño de volta á normalidade.

Ademais, para ir quentando motores, iremos "poñéndonos en modo Entroido" ao longo da semana:


SEMANA DO 21 AO 25 DE FEBREIRO 

O LUNS  (21) PARA COMEZAR,

ALGO DO REVÉS TERÁS QUE PORTAR.


O MARTES (22) PARA NON DESENTOAR

UNHA GARAVATA HAS DE MOSTRAR.


O MÉRCORES (23), COMO QUEREMOS RIR, 

CON CABEZA GRACIOSA HAS DE VIR.


O XOVES (24) APROVEITANDO A SITUACIÓN

DECORAREMOS A *MASCARILLA

PARA QUE LUZA UN MÓNTÓN .



E O VENRES (25) CAMBIAREMOS A FACHADA... 

DISFRAZÁDEVOS COMO VOS DEA A GANA.


O venres, día 25 de febreiro, cada neno virá disfrazado da súa casa (Infantil e Primaria; a ESO disfrazarase no colexio) co disfrace que queira. Os disfraces deberán permitirlle ao alumno estar sentado ao longo da mañá.

Evitaranse todos os accesorios, adornos , pinturas..., que poidan impedir o bo uso da *mascarilla.


*Dicimos "mascarilla" e non máscara, forma correcta, para evitar confusións no tempo de Entroido.
Leer más...

PROXECTOS EUROPEOS: ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!

 


A Axencia Nacional, SEPIE, vén de concedernos a ACREDITACIÓN ERASMUS + no sector escolar: isto significa que, con financiación da UE, poderemos acceder a actividades de MOBILIDADE para o ALUMNADO e o PROFESORADO ata o ano 2027!!

Con esta acreditación o noso centro poderá continuar o camiño xa iniciado reforzando a dimensión europea do ensino e a aprendizaxe, mellorando a calidade educativa, fomentando os valores comúns europeos e promovendo a inclusión, á par que o coñecemento sobre o patrimonio europeo compartido e a riqueza da diversidade. 

Hello, Europe! Bon Jour! Ciao! Olá!


#DivinoMaestroLugo #ErasmusPlus #DivinoMaestroFundación Educativa

Leer más...

ADMISIÓN 2022-23: PORTAS ABERTAS

 Comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23... Queres vir coñecernos?? 

Temos as portas abertas!


Leer más...

NOVIDADES PROTOCOLO COVID-19

 



NOVIDADES PROTOCOLO COVID-19

Ligazón para o texto íntegro: Versión 6: 14/01/2022

1.      CASOS CONFIRMADOS

Illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron. Se non hai síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a toma da mostra diagnóstica. Non se realiza nova proba para rematar o illamento e reioncorporarse ao colexio.

 

2.      CONTACTOS ESTREITOS

CASOS ESPORÁDICOS (ATA 4 POR AULA EN 7 DÍAS)

Infantil e Primaria

-        Non se identificarán contactos estreitos.

-        Non se realizará corentena.

-        Non haberá probas diagnósticas.

-        Extremaranse as precaucións nos seguintes dez días.

ESO

-        Identificaranse contactos estreitos.

-        Vixilancia ou corentena coma a poboación xeral.

-        Proba diagnóstica para os corentenados.

AGRUPACIÓN DE CASOS (5 POR AULA NO PRAZO DE 7 DÍAS)

O Centro notificará esta situación a Sanidade , que avaliará o risco e determinará como proceder.

3.      CRIBADOS

Non se recomendan neste momento.

4.      CASOS SOSPEITOSOS ( febre, tose seca ou produtiva, dificultade respiratoria, dor de garganta, fatiga severa, falta de olfacto, gusto, vómitos ou diarrea)

Non se debe acudir ao centro educativo. Hai que poñerse en contacto co pediatra/médico ou chamar ao 881540045. En caso grave, hai que chamar ao 061.

Se nos prescriben PCR ou proba de antíxenos, é obrigado illarse na casa ata ter o resultado. Os conviventes evitarán toda relación social prescindible ata que se confirme o resultado. Os que non teñan a pauta de vacinación completa non asistirán ao centro educativo ata que se resolva o caso, pero aqueles que si teñan a pauta completa poden asistir.

As ausencias derivadas de casos ou sospeitas de Covid son todas xustificadas pola familia, quen si ten obriga de comunicalas.

TEST DE SALIVA

A Consellería acaba de facernos chegar ao centro algúns test de saliva. Poden consultar, premendo AQUÍ, as condicións para seren proporcionados ao alumnado.

Leer más...

70 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE F. BLANCO NÁJERA


Hoxe lembramos ao noso fundador Francisco Blanco  Nájera no 70 aniversario do seu pasamento. Viviu o Evanxeo ao modo de Jesús Divino Mestre, facendo da súa vida unha entrega aos máis necesitados da época.

Convidámosvos a que participedes no encontro virtual que celebraremos este sábado ás 16:00. Para iso podedes inscribirvos na seguinte ligazón: 

 https://docs.google.com/forms/d/1YOOWl1LG9FNWfkHQMdEMNUZXYqgrRbXCpXcrUVGx-XE/viewform?edit_requested=true


E podedes acceder ao encontro nesta ligazón:  

https://us02web.zoom.us/j/88020596660?pwd=N1NodHlrclo4VWlkVDVnWWJlaEZ0Zz09


Tamén podedes ver o vídeo conmemorativo do 70 aniversario do seu pasamento: 

https://m.youtube.com/watch?v=pZGSkR4b2_U&feature=youtu.be


Leer más...

10 XANEIRO: REINICIO DAS CLASES

 Mañá, luns, 10 de xaneiro reiníciase a actividade académica no colexio de forma presencial e de acordo coas novas pautas aprobadas polas autoridades sanitarias  e educativas


  • Os casos activos de COVID deberán seguir un illamento de 7 días desde o inicio dos síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de ser asintomático.
  • Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días e prestarán atención ao inicio de síntomas, pero en principio non requirirán illamento.
  • O alumnado menor de 12 anos sen a pauta vacinal completa que sexa contacto estreito fará unha corentena de 7 días.
  • A pertinencia de probas diagnósticas, tests de detección, etc. será sempre determinada por Sanidade en función da situación do momento. 
  • O alumnado entre 5 e 11 anos ten agora mesmo dispoñible nas farmacias un test de saliva de xeito gratuíto.
Os períodos de corentenas e illamentos serán os que indique Sanidade en función desta situación tan cambiante.

E COMA SEMPRE: MÁSCARA, VENTILACIÓN, DISTANCIA!!


Leer más...