VACANTES CURSO 2022/23
ADMISIÓN CURSO 2022/23
INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
1. NON PROCEDE. O CPR “Divino Maestro” de Lugo non está adscrito a ningún outro centro, polo que non hai que facer ningún trámite: o alumnado que xa é do centro ten a súa praza reservada e o de nova incvorporación fará a solicitude do 1 ao 21 de marzo.
2. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
4. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-21 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous incluídos.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 22 de abril.
7. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
8. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 13 de maio.
9. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
10. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
11. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
12. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-21 de marzo)
1. Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
3. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.
4. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
a)
Recollendo o formulario Anexo II (modelo
ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en
primeiro lugar.
b) Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
c) Entregándoa a través da sede electrónica da
Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar na secretaría do centro.
Igualmente, pódese descargar facendo Ctrl+clic na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
AULA MATINAL
COMEDOR ESCOLAR
Regulado na seguinte normativa:
- Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)
- Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.
- Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.
RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS
AULA EDUCACIÓN ESPECIAL
ENTROIDO 2022
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!!
- NON haberá "festa gastronómica" no cole: este ano non poderemos traer filloas, orellas, roscas... ou outros doces tradicionais deste tempo como faciamos.
- SI teremos disfraces: non faremos o baile de todos os anos, teremos que manter a separación de cursos, pero estamos no camiño de volta á normalidade.
Ademais, para ir quentando motores, iremos "poñéndonos en modo Entroido" ao longo da semana:
SEMANA DO 21 AO 25 DE FEBREIRO
O LUNS (21) PARA COMEZAR,
ALGO DO REVÉS TERÁS QUE PORTAR.
O MARTES (22) PARA NON DESENTOAR
UNHA GARAVATA HAS DE MOSTRAR.
O MÉRCORES (23), COMO QUEREMOS RIR,
CON CABEZA GRACIOSA HAS DE VIR.
O XOVES (24) APROVEITANDO A SITUACIÓN
DECORAREMOS A *MASCARILLA
PARA QUE LUZA UN MÓNTÓN .
E O VENRES (25) CAMBIAREMOS A FACHADA...
DISFRAZÁDEVOS COMO VOS DEA A GANA.
O venres, día 25 de febreiro, cada neno virá disfrazado da súa casa (Infantil e Primaria; a ESO disfrazarase no colexio) co disfrace que queira. Os disfraces deberán permitirlle ao alumno estar sentado ao longo da mañá.
Evitaranse todos os accesorios, adornos , pinturas..., que poidan impedir o bo uso da *mascarilla.
PROXECTOS EUROPEOS: ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!
Con esta acreditación o noso centro poderá continuar o camiño xa iniciado reforzando a dimensión europea do ensino e a aprendizaxe, mellorando a calidade educativa, fomentando os valores comúns europeos e promovendo a inclusión, á par que o coñecemento sobre o patrimonio europeo compartido e a riqueza da diversidade.
Hello, Europe! Bon Jour! Ciao! Olá!
ADMISIÓN 2022-23: PORTAS ABERTAS
Comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23... Queres vir coñecernos??
NOVIDADES PROTOCOLO COVID-19
Ligazón para o texto íntegro: Versión 6: 14/01/2022
1.
CASOS CONFIRMADOS
Illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron. Se non hai síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a toma da mostra diagnóstica. Non se realiza nova proba para rematar o illamento e reioncorporarse ao colexio.
2.
CONTACTOS ESTREITOS
CASOS ESPORÁDICOS (ATA 4
POR AULA EN 7 DÍAS)
Infantil e Primaria
- Non se identificarán contactos estreitos.
- Non se realizará corentena.
- Non haberá probas diagnósticas.
- Extremaranse as precaucións nos seguintes dez días.
ESO
- Identificaranse contactos estreitos.
- Vixilancia ou corentena coma a poboación xeral.
- Proba diagnóstica para os corentenados.
AGRUPACIÓN DE CASOS (5 POR
AULA NO PRAZO DE 7 DÍAS)
O Centro notificará esta situación a Sanidade , que avaliará o risco e determinará como proceder.
3.
CRIBADOS
Non se recomendan neste momento.
4. CASOS SOSPEITOSOS ( febre, tose seca ou produtiva, dificultade respiratoria, dor de garganta, fatiga severa, falta de olfacto, gusto, vómitos ou diarrea)
Non se debe acudir ao centro educativo. Hai que poñerse en contacto co pediatra/médico ou chamar ao 881540045. En caso grave, hai que chamar ao 061.
Se nos prescriben PCR ou proba de antíxenos, é obrigado illarse na casa ata ter o resultado. Os conviventes evitarán toda relación social prescindible ata que se confirme o resultado. Os que non teñan a pauta de vacinación completa non asistirán ao centro educativo ata que se resolva o caso, pero aqueles que si teñan a pauta completa poden asistir.
As ausencias derivadas de casos ou sospeitas de Covid son todas xustificadas pola familia, quen si ten obriga de comunicalas.
TEST DE SALIVA
A Consellería acaba de facernos chegar ao centro algúns test de saliva. Poden consultar, premendo AQUÍ, as condicións para seren proporcionados ao alumnado.