COMUNICACIÓN URXENTE CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Por motivos técnicos na Sede electrónica da Xunta de Galicia, ampliouse en 24 horas o prazo presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos"

Esta ampliación de prazo atinxe, en exclusiva, ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.

Leer más...

FIN DA RECOMENDACIÓN DO USO DE MÁSCARA NO RECREO

 As consellerías de Sanidade e Educación acordaron retirar a  recomendación do uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade (patios/recreos). Por este motivo, todos aqueles aspectos do Protocolo Covid do centro relacionados coa obrigatoriedade do uso da máscara nestes espazos quedan suspendidos.

A máscara continúa a ser obrigatoria nos espazos interiores

Leer más...

OFERTA PRAZAS NA ESO


 

Leer más...

SOS UCRAÍNA

A ANPA do noso cole e o propio centro convidámosvos a colaborar:


Somos xente axudando a xente...

Somos Divino Maestro!

 

Leer más...

CAMBIOS NO PROTOCOLO COVID


 

Por indicación das Consellerías de Sanidade e Educación, a partir de hoxe, luns, 7 de marzo:

-Elimínase a recomendación de corentenar aos contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os contaxiados os responsables de informar aos seus contactos estreitos (desde os dous días anteriores ao inicio de síntomas).

- No ámbito educativo NON se identificarán contactos estreitos.

- Cando haxa constancia de ter estado en contacto cun positivo, actuarase da seguinte maneira:

      . Uso constante da máscara

      . Evite contacto con persoas vulnerables

     . Evite acudir a ámbitos vulnerables (centros sanitarios, residencias...)

     . Reduza as interaccións sociais.

     . Lave as mans con frecuencia.

      . Se desenvolve síntomas: quede na casa e chame ao 881540045 ou ao seu centro de saúde para solicitar proba.

     . Se é positivo nun test de autodiagnóstico quede na casa e notifique o                positivo no mesmo teléfono sinalado anteriormente.

NON se farán probas se non hai síntomas ou se teña contacto con ámbitos e persoas vunerables.

Leer más...

MATRÍCULA CURSO 2022/23


A solicitude pode entregarse telematicamente a través da sede virtual (enlace) ou ben presencialmente. Se o precisan poden descargar o impreso facendo clic na seguinte ligazón: SOLICITUDE, ou, coma sempre, recolléndoo na Secretaría do centro.





Leer más...