REUNIÓNS INICIAIS

 Calendario de reunións iniciais de curso:

-   


     - 4º  E. Infantil (3 anos): Martes, 6 de setembro, 19:00 h.

-     -   5º e 6º de E. Infantil (4 /5 anos): Mércores, 7 de setembro, 17 h.

-        - 1º , 2º e 3º de E. Primaria: Mércores, 7 de setembro, 16:00 h.

-        - 4º de E. Primaria: Xoves, 8 de setembro, 16:00 h.

-        - 5º e 6º de E. Primaria: Xoves, 8 de setembro, 17.00 h.

-        - ESO (todos os cursos): Xoves, 8 de setembro, 16:00 h.

       As reunións para as familias terán lugar nas aulas respectivas de cada curso.

       O uso de máscara é opcional.

        

Leer más...

INICIO CURSO 2022/23

 


 BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2022/23! 

    Despois de dous anos complicados, confiamos en que este sexa o curso no que recuperemos a normalidade plena e deixemos atrás o pesadelo da Covid.

    Este será, ademais, una ano de cambios e novidades, que vos iremos dando a coñecer aos poucos: comeza a súa andadura a Formación Profesional no centro, esperamos iniciar as mobilidades Erasmus+, o Diploma Dual de Bacharelato, os exames de Oxford... sen esquecer as cousas que continúan: a aula matinal, o servizo de comedor... 

   Con todo, estimamos que o que nunca, nunca, pode faltar é aquilo que precisamente máis nos identifica: a colaboración de alumnado, familias e Colexio para sacar o curso adiante e acadar o obxectivo que verdadeiramente nos une: tratar de facer polo noso alumnado todo o mellor que poidamos e que eles, nenos e nenas, mozos e mozas, sexan os grandes beneficiados do noso traballo común.

    Por todo isto -e sempre cun ollo posto na situación sanitaria- arrincamos o curso cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais - enviaranse hoxe mesmo-, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha! 

Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que estamos a comezar.                                                             

            O Equipo Directivo


Leer más...

PREVISIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022/23


 Achegamos previsión de actividades extraescolares para o curso que vén: non é unha listaxe definitiva nin pechada. En setembro retomaremos este tema e ofreceremos a versión definitiva o antes posible. En todo caso, non debería diferir moito do seguinte:

Coma sempre, requírese un número mínimo de participantes para poñer en marcha a actividade (8 alumnos/as).

 

Leer más...

LIBROS DE TEXTO CURSO 22-23

 


Pode consultar a lista de libros de texto de Infantil e Primaria
para o curso 2022/23 aquí.

Pode consultar a lista de libros de texto da ESO para o curso 2022/23 aquí.
Leer más...

OXFORD TEST OF ENGLISH: XA SOMOS CENTRO EXAMINADOR AUTORIZADO


Desde hoxe somos CENTRO EXAMINADOR oficial de Oxford.
O Oxford Test of English, certificado pola Universidade de Oxford, verifica a competencia lingüística do alumnado de forma fiable e segura e ten sido desenvolvido e validado por Oxford University Press en colaboración cun equipo de expertos independentes. Esta certificación goza do recoñecemento do Ministerio de Educación, a Xunta de Galicia, a CRUE (universidades españolas)... e moitos máis.

En breve, anunciaremos as datas dos primeiros exames!

Queres máis información?? 

Está todo aquí:




Leer más...

CURSO 22/23: FP GRAO BÁSICO SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

 Anunciamos a toda a comunidade educativa que para o vindeiro curso 2022/23 ofertaremos no noso centro o Ciclo Formativo de FP Básica en Servizos Administrativos.


Superando un ciclo de FP básica obtense o título de Técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas. Adicionalmente, tamén se obtén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Que é necesario para acceder?:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN
  • Do 27 de xuño ao 6 de xullo.
Leer más...