SUBVENCIÓN AULAS DIXITAIS: Fondos NextGeneration UE- Plan de Recuperación-Xunta de Galicia

 


O CPR Plurilingüe "Divino Maestro" de Lugo (Divino Maestro Fundación Educativa) vén de acadar unha subvención importante (19514,88 €) para avanzar no proceso de dixitalización, o que permitirá equipar 7 novas aulas .

A adquisición e instalación de 7 novos  paneis interactivos de 75" e os seus correspondentes equipos informáticos vén a continuar o proceso iniciado o curso pasado, que xa permitira equipar 3 aulas con dotacións semellantes. Agardamos completar ao longo do curso estas dotacións e rematar a dixitalización de todas as aulas.

OBXECTIVOS

  • Aumentar o nivel de competencias dixitais mediante accións dirixidas a diversos grupos de poboación.
  • Transformación dixital da educación: instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
  • Dispoñer recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade.
  • Posibilitar a competencia dixital do alumnado, para unha integración na sociedade e no mercado laboral do século XXI.
Leer más...

EXTRAESCOLARES 2023/24

Con algunha novidade e algún pequeno cambio sobre o previsto en xuño, 
achegamos a relación de actividades extraescolares para o presente curso.

INFANTIL

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00

Música e movemento

 

Inglés

Baile

KÁRATE

Fútbol sala: iniciación

Inglés

Fútbol Sala: Iniciación

17:00

 

Ximnasia Rítmica

 

Karate

(6º Infantil)

 

 

 PRIMARIA / ESO

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00

Música e movemento (Iniciación ao baile tradicional)

 

Karate

 

Baile

 

GRUPOS DIVINO MAESTRO

KARATE

(3º a 6º)

 

. Inglés

. Robótica

. Fútbol S.

(3º e 4º Primaria)

 

. Inglés

17:00

 

Ximnasia rítmica

Voleibol

Voleibol

Karate 1º/2º Primaria

Fútbol Sala (1º/2º Prim.)



** GRUPO MÍNIMO: 8 alumnos/as; de non acadarse este número non se garante a realización destas actividades. Grupo máximo: 15/20 participantes por grupo segundo a actividade.

 ** INSCRICIÓN: do 11 ao 27 de setembro. Actividades do 1 de outubro ao 16 de xuño (medio mes de pagamento). Recoller folla de preinscrición en Conserxería. Cada actividade fará a súa inscrición posteriormente.

 ** PREZO MENSUAL PREVISTO:

Baile

18 €

Kárate

25 € / 13 € - 1 hora (Infantil)

Inglés

40 €

Fútbol Sala

22 € / Iniciación Infantil 17 €. De se constituír equipo federado habería que engadir ese custo.

Ximnasia rítmica

18 €

Robótica

22 €

Grupos DM

5 €

Música e movemento

16 €

Voleibol

20 €


Leer más...

INFORMACIÓNS INICIAIS: horario do 1º día, titores, reunións comedor, aula matinal...

 COMEZO DAS CLASES

  Luns, 11/09/2023 


 HORARIO do primeiro día de clase

 ü  Infantil e Primaria: 09:00-14:00 (agás 4º de Educación Infantil -período de adaptación-)

ü  ESO: 09:30 – 13:30 (garántese a atención en caso de necesidade de 08:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:50)

ü  FPB:  09:30 -14:30 (garántese a atención en caso de necesidade de 08:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:50)

 TITORES POR CURSO

o   4º Ed. Infantil: Teresa Freire

o   5º Ed. Infantil: Marta Laso

o   6º Ed. Infantil: Dulce M. Carregal

o   1º Ed. Primaria: Mª Carmen Campo

o   2º Ed. Primaria: Eva Chouse

o   3º Ed. Primaria: Aranza Barrio

o   4º Ed. Primaria: Miguel Ángel Fole

o   5º Ed. Primaria: Javier Martínez

o   6º Ed. Primaria: Manuel Costa

o   1º ESO: Rebeca González

o   2º ESO: Carlos Fontela

o   3º ESO: Rubén Cela

o   4º ESO: Ana Iglesias

o   1º FPB: Mª Jesús Freire

o   2º FPB: Alejandro Pérez

 REUNIÓNS INICIAIS COS TITORES

Ø  4º Ed. Infantil: Venres, 08/09/2023: 13:00 h.

Ø   5º e 6º Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria: Martes, 12/09/2023: 17:00 horas

Ø  3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: Martes, 12/09/2023: 16:30 horas

Ø  ESO e FPB: Martes, 12/09/2023: 16:00 horas

 

Breve encontro inicial no ximnasio e, a continuación, coas titoras/es nas aulas.

 COMEDOR

Comeza a funcionar o día 11. O prezo non varía. Tedes toda a información AQUÍ. Imprescindible anotarse aínda que o alumno/a en cuestión xa asistise o curso pasado.

 AULA MATINAL

Novidade: Está dispoñble desde as 07:45. O prezo non varía. Tedes toda a información AQUÍ.

Leer más...

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE LUGO


 Poden consultar as listaxes  facendo clic AQUÍ.

Leer más...

INICIO CURSO 2023/24

 


BENVIDAS E BENVIDOS a este novo curso académico 2023/24! 

Iniciamos unha nova aventura, comezamos un novo curso escolar no que, coma sempre, non faltarán éxitos e fracasos, risas e choros, aprendizaxes e dificultades, progresos e atrancos...

Este ano temos por diante retos apaixonantes: comeza o 2º curso de FPB, avanza o proceso de dixitalización do ensino nalgúns cursos, aumenta o número de alumnado matriculado no Diploma Dual, esperamos arrincar os exames de Oxford, aumenta o horario da Aula Matinal... coma sempre trataremos de sacar isto adiante da maneira que nos é propia e que nos caracteriza: coa colaboración e a unión de alumnado, familias e profesorado... únenos un obxectivo común: conseguir que o noso alumnado, as nenas e nenos do Divino Maestro, se desenvolvan o mellor posible e acaden todo aquilo que se propoñan ao tempo que medran como persoas íntegras e cidadáns plenamente capacitados para se valer no mundo no que lles vai tocar vivir. E todo isto queremos facelo desde a ollada evanxélica e os valores que nos son propios desde que Francisco e Soledad botaron a andar, vai camiño dos 100 anos, os Colexios Divino Maestro.

Por todo isto é que arrincamos cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... en moi breve imos ir comunicando horarios, datas de reunión, materiais necesarios... Estamos en marcha!

Vémonos nuns días!

O Equipo Directivo

Leer más...

PREVISIÓN EXTRAESCOLARES 2023/24



Poden consultar a previsión de actividades extraescolares e os seus prezos facendo clic na seguinte ligazón:     previsión extraescolares 23/24. 

LEMBREN que é unha previsión. O calendario e prezos definitivos deben ser aprobados polo Consello Escolar e o Servizo de Inspección no mes de setembro.

Leer más...