DIPLOMA DUAL: Medra a nosa oferta



DIPLOMA DUAL “BACHILLERATO DUAL AMERICANO” CURSO 2022/23

O CPR Pl. “Divino Maestro” de Lugo ten asinado un convenio de colaboración con “Academica Corporation”, a maior institución escolar e educativa estadounidense e creadora do programa Internacional de dobre titulación “Diploma Dual”. Ao igual que outros centros da nosa contorna, queremos ofrecer ao noso alumnado a posibilidade de cursar o  DIPLOMA DUAL“BACHILLERATO DUAL AMERICANO”.

O noso alumnado (desde 2º da ESO) poderá estar matriculados simultáneamente nunha  High School nos EEUU, cursando ambos estudos simultaneamente. O programa Diploma Dual realízase 100% online. O alumnado cursa un total de 6 créditos estadounidenses durante a Eso e BAC, cunha carga de traballo equivalente a unha actividade extraescolar máis.

O Diploma Dual pode iniciarse en 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO ou 1º BAC. A vantaxe de empezar en 2º ESO é que o alumno só terá que estudar unha ou dúas materias por curso, diminuíndo a carga lectiva durante o Bacharelato.

No colexio haberá un coordinador para as titorías e resolución de dúbidas do alumnado. Cómpre destacar algunas características do programa:

  • Inmersión Lingüística, 100% en inglés.
  • InmersiónTecnolóxica, 100% online, plataformas, ferramentas, comunicacións, etc.
  • Inmersión Persoal, na xestión, esforzo, responsabilidade, organización do estudo e o traballo.



                         


PROGRAMA      GARANTÍAS     MATERIAIS