SUBVENCIÓN AULAS DIXITAIS: Fondos NextGeneration UE- Plan de Recuperación-Xunta de Galicia

 


O CPR Plurilingüe "Divino Maestro" de Lugo (Divino Maestro Fundación Educativa) vén de acadar unha subvención importante (19514,88 €) para avanzar no proceso de dixitalización, o que permitirá equipar 7 novas aulas .

A adquisición e instalación de 7 novos  paneis interactivos de 75" e os seus correspondentes equipos informáticos vén a continuar o proceso iniciado o curso pasado, que xa permitira equipar 3 aulas con dotacións semellantes. Agardamos completar ao longo do curso estas dotacións e rematar a dixitalización de todas as aulas.

OBXECTIVOS

  • Aumentar o nivel de competencias dixitais mediante accións dirixidas a diversos grupos de poboación.
  • Transformación dixital da educación: instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
  • Dispoñer recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade.
  • Posibilitar a competencia dixital do alumnado, para unha integración na sociedade e no mercado laboral do século XXI.