O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) está
composto por un grupo de alumnos e profesores que traballamos conxuntamente
para continuar potenciando o coñecemento da nosa lingua, o galego, en tódolos
ámbitos da vida escolar. Os compoñentes
do EDL no curso 2012/13 son os que vos citamos a continuación, se ben é certo,
que todo aquel que estea disposto a colaborar con nós será recibido cos brazos
abertos:
·
Bruno Villares Gómez (alumno 1º ESO)
·
Dánel Negro Rilo (alumno 2º ESO)
·
Tamara Díaz Castro (alumna 3º ESO)
·
Mª Teresa Freire Sánchez
(Profesora E. Infantil)
·
Ana Iglesias Seijas (Profesora E.
Primaria)
·
X. Luís García Rodríguez (Profesor
E. Secundaria)
·
Olga Matalobos Díaz (Profesora E.
Secundaria, coord.)
A nosa labor abarca un gran número de actividades, dende a
participación en premios literarios, como o Frei Martín Sarmiento; ata a
organización de certames literarios e coloquios con escritores e persoeiros do
ámbito cultural galego.
Por outra banda, contamos con tres clubes de lectura dirixidos ao
alumnado de secundaria, onde ademais de ler, ampliar o noso vocabulario,
achegarnos a novos escritores e demais “enriquecementos culturais”; pasámolo
xenial!!!
Dende o ENDL tamén traballamos arreo ao longo do curso na elaboración
da nosa revista escolar, O Voceiro; documento que recolle, seguro, as
primeiros andanzas dos xornalistas e literatos do futuro.
Pero como non todo vai ser literatura… imos falar agora das festas. Ao
pouco de comezar o curso atopámonos co Magosto e Samaín, polo que tallamos
cabazas, asamos e comemos castañas, pintamos murais e facemos unha morea de
actividades sobre o outono e as nosas tradicións. Ao longo do ano van
sucedéndose outras festividades (Nadal, Entroido…) e, dunha forma ou doutra, o
ENDL está presente en todas. Pero o noso momento álxido chega en maio, co gallo
das Letras Galegas. É aí cando reunimos todas as nosas forzas para organizar,
ano tras ano, a mellor homenaxe posible á nosa cultura.
Para ir rematando, simplemente queremos recordarvos que o galego tamén
está presente no actual mundo da informática, polo nos ofrecemos a facilitarvos
as ferramentas axeitadas para que o seu uso resulte máis doado: instalación de
correctores, versións dispoñibles de programas en galego, utilización de
materiais informáticos en galego, etc.
Despois de esta longa presentación, invitámonos, unha vez máis, a
colaborar con nós e a seguir todas as novidades no noso blog: