Pastoral

https://photos.app.goo.gl/ko9NbO1CTF41Dlh52
Clica na imaxe para ver o álbun da Campaña Misioneira 2018
DEPARTAMENTO DE PASTORAL



OBXECTIVO XERAL
Ofrecer unha educación integral e de calidade, cimentada nos valores evanxélicos. Evanxelizar o colexio procurando que coa unión de todos medremos en convivencia, valores e experiencia de fe. En definitiva unha formación integral a partir da concepción evanxélica da persoa.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

1.- Traballar ao longo de todo o ano a través das distintas actividades o lema: “Pon música a tu vida lanza tu melodía al mundo”.
2.- Fomentar no colexio actitudes de compañerismo, solidaridade e unión de cara a medrar nun ambiente no que se respire que somos unha gran familia conectada os valores de Xesús Divino Maestro.
3.- Acompañar ao alumno para axudarlle no seu proceso de maduración persoal sabendo que a nosa vocación como maestros parte dunha chamada do Señor.
4.- Coidar a oración da mañá como momento de reflexión e contacto persoal co Señor.
5.- Coidar a preparación dos “Encontros con Xesús” como momento de especial contacto personal con Xesús..
6.- Animar e contribuir ó bo  funcionamento no centro dos grupos Divino Maestro.
7.- Impulsar no centro a creación dos departamentos de religión.

DESTINATARIOS:
Todos os membros da comunidade educativa: pais, profesores, alumnos…
REALIDADE PASTORAL DO CENTRO
O centro está ubicado nun barrio duns 18000 habitantes procedentes de zonas rurais da  provincia. O nivel socio-económico dos nosos alumnos é medio-baixo. Nos últimos anos observouse un incremento da poboación inmigrante, sobre todo sudamericana.
            Desde o punto de vista da pastoral as familias son respetuosas pero no practicantes. O colegio é elexido polos pais por cercanía non por ideario.
INTEGRANTES DO EQUIPO
Ø      Olga Fernández López. (Infantil e primeiro ciclo de primaria)
Ø      Mª Teresa Rodríguez Pol. (2º e 3º ciclo de primaria)
Ø      Alberto  Leiva Torreiro (Secundaria)
Ø      Mª Luisa Salinas García
Ø      Antonio Cascudo Extremeiro. (Coordinador)

ACTIVIDADES
Durante o curso 2012-13 as actividades de cada mes terán como lema: Pon música a tu vida lanza tu melodía al mundo.
DIARIAS: Oración da mañá e pastorais ocasionais.
SEMANAIS: Clases de relixión e titorías
MENSUAIS: cada mes traballamos o lema do ano a través dun valor.
            SETEMBRO. (Acollida)
-          Semana de acollida.
-          Presentación do lema.

            OUTUBRO. (Solidariedade)
            - Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Mes das misións: Campaña do Domund.
- 28 de outono . Oración do día de Madre Soledad

            NOVEMBRO. ( Amizade)
- Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Preparación da festividade do colexio.
- 12 de novembro festividade do “Divino Maestro”
- Catequese especial.
- Eucaristía.

                        DECEMBRO.(Alegría)
            -Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Preparamos o Advento: María un link que non pode faltar.
-Campaña de Nadal: colocación do belén, ambientación das aulas, recollida de alimentos a favor de Cáritas parroquial.
-Celebración na parroquia.
-Visita ó comedor San Froilán
-Obradoiro na tenda de comercio xusto.
                        XANEIRO. (Paz)
            - Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Presentación do valor a traballar durante o mes.
- 15 xaneiro: Blanco Najera.
- Celebración da xornada escolar da paz.: “Fai realidade o soño da paz” . Organizarase unha actividade conxunta de todos os centros concertados da capital.
                        FEBREIRO. (Axuda.)
- Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Campaña da fame: Mans Unidas.
                        MARZO.(Perdón)
- Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Celebración de cinza.
- Presentación dos materiais de coresma.
- Celebración penitencial.
                        ABRIL. (Vida)                       
            - Presentación do valor a traballar durante o mes.
            - Presentación materiais Pascua
- Celebración Pascual: Xesús resucita, fonte de vida
MAIO. (Compartir)
- Presentación do valor a traballar durante o mes.
- 24 maio. “Campaña misioneira” Xornada lúdico-festiva
- Motivación e ambientación sobre a campaña.
- Catequese sobre a campaña.
- Celebración mariana.
                        XUÑO. (Agradecemento)
- Presentación do valor a traballar durante o mes.
- Celebración de acción de grazas.
- Celebración de fin de curso dos profesores.
OUTRAS ACTIVIDADES
-          Durante o segundo e terceiro trimestre realizaremos os encontros-convivencia “Encontros con Xesús” dende 4 anos a 4º ESO .
-          No mes de setembro teremos unha convivencia de profesores para inicar o curso e dar a coñecer o lema do ano.


PLAN FAMILIA ESCOLA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
O departamento de pastoral xunto co de orientación levarán a cabo un proxecto común para traballar as competencias emocionais e humanas dos nosos alumnos a través das titorias, charlas, entrevistas cos alumnos e os pais, conferencias... buscando sempre traballar valores como a amizade, a paz, o compañerismo... que os fagan medrar como persoas libres e íntegras.
            Tratamos con estas actividades de achegar as familias á escola para mellorar na formación educativa dos nosos alumnos.
PLAN DE FORMACIÓN DE PROFESORADO
Continuando coa formación cristiano-carismática para profesores que ten coma obxectivo mellorar no claustro o noso compromiso coa educación cristiana, medrar no coñecemento teolóxico e eclesial da misión compartida e vivir, acoller e celebrar a fe para poder logo anunciala de forma gozosa aos noso alumnos, temos pensado realizar unha formación de 10 horas repartidas do seguinte xeito:
1º trimestre: formación cristiana: “Ano da fe”
2º trimestre: formación humana. “A oración como vehículo que nos achega a Deus”
3º trimestre: formación carismática: Visita ó museo dos noso fundadores en Ourense

AVALIACIÓN
Partindo da base de que se non avaliamos non podemos medrar, ó remate de cada trimestre o equipo de pastoral dedicará unha das reunións do mes a avaliar as actividades feitas. Na avaliación teremos en conta as opinións, suxerencias e reflexións que o claustro de profesores nos fagan chegar.
ENCONTROS FERE
            O equipo de pastoral do colexio seguirá participando nas reunións de pastoral a nivel de colexios FERE en Lugo. Temos unha serie de reunións trimestrais nas que tratamos diferentes temas e programamos actividades conxuntas. Para este ano están previstas as seguintes:

NOVEMBRO: Encontro convivencia de equipos de pastoral de Lugo
XANEIRO: Celebración conxunta do día da paz escolar
MARZO- ABRIL: Avaliación de actividades