CURSO 22/23: FP GRAO BÁSICO SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

 Anunciamos a toda a comunidade educativa que para o vindeiro curso 2022/23 ofertaremos no noso centro o Ciclo Formativo de FP Básica en Servizos Administrativos.


Superando un ciclo de FP básica obtense o título de Técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas. Adicionalmente, tamén se obtén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Que é necesario para acceder?:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN
  • Do 27 de xuño ao 6 de xullo.