Seguimos co Proxecto en Valores, hoxe achegámonos ao valor da TOLERANCIA a través do conto “EL PATITO FEO”. A Tolerancia é un valor significativo para lograr unha boa convivencia no centro educativo. Ser tolerantes axúdanos a aceptar aos demais, tal e como son, cunha mentalidade aberta, recoñecendo que no medio dos defectos sempre hai virtudes. É importante que os nenos aprendan a escoitar as opinións dos demais, respetando as diferenzas e sabendo convivir nesta diversidade. Os nenos aprenden o que perciben, fan o que ven e repiten o que escoitan.