Visita ao Campus de Ferrol e EXPONAV


VISITA CAMPUS DE FERROL E EXPONAV

Dentro da Programación Académica- Profesional, os alumnos de 3º e 4º ESO achegáronse ao mundo da Universidade.
Pola mañá visitamos o Campus, onde fomos recibidos polos diferentes Decanos das Facultades ( Humanidades, Politécnica Superior, Enfermería e Podoloxía, Relacións Laborais, etc.). Cada Decano acompañado por un profesor ou alumno íalles explicando o plan de estudos e as saídas profesionais dos distintos Graos. A media mañá ofrecéronnos unha parva ( chocolate con churros) para recargar forzas e seguir coa visita.
Xa pola tarde visitamos EXPONAV, onde nos explicaron entre outras cousas, a historia dos astilleritos, a evolución na construción naval, materiais, ferramentas, planos, etc.

Toda unha experiencia.