Xornada da Paz

O pasado xoves 29 de xaneiro tivo lugar a xa tradidiconal marcha pola paz que celebran os colexios católicos de Lugo.  Co lema "Somos luz somos paz" os rapaces dos 9 colexios, baixo unha intensa chuvia, deron unha volta completa á muralla, para rematar lendo no interior da Catedral o documento resumo do traballo feito nas aulas sobre os dereitos humanos. O acto rematou cunhas palabras do Sr. bispo e coa recollida do lume da paz que logo foi portado polos rapaces a cada un dos centros.