Enquisa sobre convivencia

Estimados alumnos, familias, profesores e representantes do PAS.
Agradecemos a colaboración da comunidade educativa do noso centro pola vosa participación nas enquisas sobre convivencia realizadas no mes de novembro, agradecemento que reitera a Administración Educativa a todos os sectores desta comunidade. Os resultados facilitados pola Administración despois de analizar as enquisas realizadas son satisfactorios desde o punto de vista da convivencia. Continuaremos traballando nesta liña para seguir mellorando .