Día de Rosalía






O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela unha das máis destacadas autoras da nosa terra, Rosalía de Castro. Para conmemorar tal acontecemento, os nenos e nenas de infantil e primaria realizaron uns pergamiños coa imaxe da escritora acompañada duns versos, previamente traballados en clase, para obsequiar ás súas familias. Pola súa banda, os rapaces de secundaria, ademais de decorar a entrada do colexio, celebraron un pequeno recital acompañado pola música da guitarra dun alumno de 3º da ESO.