Os alumnos de 4º ESO visitan Ourense

Os rapaces do último curso de secundaria viaxaron o pasado luns ata a provincia veciña para realizar polo centro da cidade de Ourense o roteiro de" A Esmorga", baseado na novela de Eduardo Blanco Amor, que previamente leran e traballaran na materia de Literatura Galega. A continuación, dado que cursan a materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, visitaron a fábrica de pensos e o laboratorio de Coren, empresa punteira na nosa comunidade. Finalmente, despois de comer e de percorrer algún recuncho máis da capital ourensana; chegou o turno das termas de Outariz, onde puideron relaxarse e apreciar o rico patrimonio termal galego.