Parabéns a Alicia Ferreiro



A nosa alumna de 4º de ESO vén de obter unha bolsa d aFundación Amancio Ortega que lle permitirá cursar 1º de BAC en Canadá. Para acadalo, tivo que superar unha proba de inglés e unha entrevista persoal, o que lle permitiu acceder a unha das 500 prazas ofertadas para o conxunto do territorio español para os 10.000 solicitantes. Serán 80 galegas/os osque pasen o curso vindeiro en América, 40 en Canadá e 40 en USA. Moitos parabéns e os nosos mellores desexos para a estancia, que supón todo un reto académico e tamén unha extraordinaria oportunidade de futuro!