Fondo-Axuda-Material

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2017-18. E.P E ESO

-NORMATIVA: Orde do 16 de maio de 2017.

-ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO:
a) Fondo Solidario: de 3º de E. Primaria a 4º de ESO. Participantes no fondo solidario , por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 6 libros; superior a 5400 e inferior a 9000 euros: 4 libros. Para ser beneficiario desta axuda é obrigatorio devolver os libros e o material reutilizable adquiridos coas axudas e o fondo solidario. Devolveranse antes do 23 de xuño de 2017 en E.P. e ESO e antes do 7 de setembro para alumnos de ESO con materias pendentes
b) Axudas de libros: 1º e 2º de E. Primaria. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 170 euros; superior a 5400 e inferior a 9000 euros: 90 euros. Neste caso os beneficiarios non teñen que facer devolución.
c) Material Escolar: de 1º de E.Primaria a 4º de ESO. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 50 euros.

-RENDA PER CÁPITA:  
É a renda da unidade familiar entre o nº de membros computables, recadros 380+395, para os que presentaron declaración do IRPF no ano fiscal 2015. Senón será a suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera  natureza.

-UNIDADE FAMILIAR:
Son membros da unidade familiar (a 31 de decembro de 2015)
Os pais non separados legalmente
Os fillos menores de idade (exc. emancipados) e fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
Os fillos maiores de idade con discapacidade
Os separados ou divorciados con custodia compartida
Os pais non casados, que convivan no domicilio familiar

-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 23 de xuño de 2017, venres (incluido).
Os pais presentan unha única solicitude no centro, independentemente dos fillos matriculados. Solicitude que se pode recoller no propio centro ou na páxina web. Tamén se pode presentar nos rexistros da Xunta de Galicia.
Presentarase copia do Libro de Familia (orixinal para comprobación) no que figuren os membros computables da unidade familiar.
Sentencia xudicial  ou convenio regulador onde se reflicte a situación do menor, certificado de empadroamento, certificado do Concello ou dos Servizos Sociais que acredite a situación familiar, certificado de discapacidade  de calquera membro da unidade familiar, situación de tutela pola Xunta de Galicia, situación de violencia de xénero,..
Na solicitude aparecen marcados por defecto a consulta do DNI, a declaración da renda e o grao de discapacidade. Caso de que se marque a non autorización da consulta, presentaranse os orixinais e fotocopias dos documentos acreditativos.
Lugo, a 23 de maio de 2017

O Equipo Directivo