As mulleres da miña familia




O colexio plurilingüe Divino Maestro está a levar a cabo unha exposición titulada “As mulleres da miña familia” con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora. Os alumnos do centro proporcionaron fotografías das mulleres da súa familia para celebrar ó seu día e renderlles unha merecida homenaxe. A exposición permanecerá aberta a toda a comunidade educativa do 5 ao 9 de marzo.