Avaliacións externas (4º de ESO)


Comunicámosvos que os vindeiros días 29 (martes ) e 30 (mércores) de maio realizarase no Centro a proba de avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 4º curso de ESO, Resolución do 12 de abril de 2018, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centro docentes da CAG no curso escolar 2017/18, regulada pola Orde ECD/65/2018.
Nesta proba valórase o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística (língua, lengua e inglés) e da competencia social e cívica (xeografía e historia).
Esta avaliación ten carácter mostral e finalidade diagnóstica para a mellora da calidade e equidade do sistema educativo.
Cada familia debe cubrir un cuestionario de contexto, preferentemente en formato dixital, sobre as condicións socioeconómicas e culturais do centro.
CALENDARIO DE APLICACIÓN DA PROBA 4º eso
DÍA
COMPETENCIA
TEMPO
29 MAIO, MARTES
COMPETENCIA  LINGÜÍSTICA  LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

DESCANSO

COMPETENCIA MATEMÁTICA

DESCANSO

SOCIAL E CÍVICA
9:30.-10.30(60m)

10.30-10:45 (15m)


10.45-11.45 (60m)

11:45-12:00 (15m)

12:00-13:00(60m)
30 MAIO, MÉRCORES
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA LINGUA GALEGA E LITERATURA

DESCANSO

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA LINGUA EXTRANXEIRA
9.30-10.30 (60m)


10.30-10.45 (15m)

10.45-11.45 (60m)
Grazas pola vosa colaboración