FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-19



FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-19
NORMATIVA: ORDE do 9 de maio de 2018.
PRAZO
Prazo de presentación: 22/05/2018 - 22/06/2018
ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 6 libros; superior a 5400 e inferior a 9000 euros: 4 libros. Para ser beneficiario desta axuda é obrigatorio devolver os libros e o material reutilizable adquiridos coas axudas e o fondo solidario. O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018 EP e ESO; agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2018.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde. Neste caso os beneficiarios non teñen que facer devolución,
a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:
90 euros.
b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de
centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas
será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE. Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5400 euros: 50 euros.
RENDA PER CÁPITA:  
É a renda da unidade familiar entre o nº de membros computables, recadros 392+405, para os que presentaron declaración do IRPF no ano fiscal 2016. Senón será a suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera  natureza.
UNIDADE FAMILIAR:
Son membros da unidade familiar (a 31 de decembro de 2016)
a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores
do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma
consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar
permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito
ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 22 de xuño de 2018, venres (incluído).
Os pais presentan unha única solicitude no centro, independentemente dos fillos matriculados. Solicitude que se pode recoller no propio centro ou na páxina web, por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Poderanse presentar , tamén,  as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou de xeito telemático.
Presentarase copia do Libro de Familia (orixinal para comprobación) no que figuren os membros computables da unidade familiar.
Sentencia xudicial  ou convenio regulador onde se reflicte a situación do menor, certificado de empadroamento, certificado do Concello ou dos Servizos Sociais que acredite a situación familiar, certificado de discapacidade  de calquera membro da unidade familiar, situación de tutela pola Xunta de Galicia, situación de violencia de xénero,..
Na solicitude aparecen marcados por defecto a consulta do DNI, a declaración da renda e o grao de discapacidade. Caso de que se marque a non autorización da consulta, presentaranse os orixinais e fotocopias dos documentos acreditativos.
DATAS DE PUBLICACIÓN:
-          Listaxes provisionais EP e ESO: 2 de xullo.
-          Listaxes definitivas EP: 5 de xullo.
-          Listaxes definitivas ESO: 14 de setembro.


Lugo, a 22 de maio de 2018