AS MÉDULAS E PONFERRADA

Todos os rapaces e rapazas da ESO desfrutaron este luns dunha visita á antiga mina de ouro explotada polos romanos. Ademais de visitar a aula arqueolóxica e as galerías de Orellán; As Médulas foron escenario dun concurso fotográfico do que se saberá o fallo do xurado nos vindeiros días. A continuación, desprazáronse a Ponferrada, onde se divertiron á vez que coñecían a capital berciana participando nunha xincana fotográfica. #lasmedulas #ponferrada