RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO

Aquí temos ao alumnado de 1° da ESO percorrendo o Museo Provincial nas xa tradicionais Rutas Literarias. Despois de ler a obra "Contos de fantasmas no museo" hoxe visitaron estas instalacións onde, seguindo o fío dos relatos lidos, foron coñecendo, sen apenas decatarse, este espazo emblemático da nosa cidade. #rutasliterarias #museoprovincialdelugo