MOCHILAS VIAXEIRAS

O Equipo de Biblioteca puxo en marcha a semana pasada esta actividade en 2° e 3° de Primaria, coa colaboración das respectivas titoras. Semanalmente as mochilas cheas de materiais da Biblioteca irán viaxando polas casas das nenas e nenos. Elas e eles, con axuda dos seus, irán creando, asemade, o Conto Viaxeiro, que será unha valiosa achega para o Equipo.
En breve iremos tendo novas dos libros, revistas, películas e xogos que viaxan polas casa do noso alumnado, que, coma sempre, acolleu con entusiasmo a iniciativa.