AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (AXUDASLE)



AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (AXUDASLE)







 Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Podes informarte sobre as bases desta convocatoria premendo no enlace anterior. Os principais aspectos a ter en conta son:

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en xime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formacn, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020

As actividades que se convocan están especificadas no anexo IV da orde, e son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

Na sede electrónica o código de procedemento que identifica esta convocatoria é
ED504B. As solicitudes presentaranse preferiblemente por sede electrónica.



Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 26 de marzo de 2020


Terceiro. Período de realización

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

Cuarto. Persoas beneficiarias

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que reúna os seguintes requisitos:


a)       Estar cursando, no xime xeral, 1º, 2º, ou de educación secundaria obrigatoria, ou ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b)  Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.

c)  Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación nima de ben no curso de educación primaria para o alumnado de de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, e cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

d)      Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

e)    Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

f)    Non estar incurso nas prohibicns para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencns de Galicia.



g)    Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.




Quinto. Colaboración dos centros educativos.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional remitirá aos centros docentes información en formato electrónico sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2.    A Dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás asociacións de nais e pais (Anpas) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado.

Así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado. (Lembrade que dito taboleiro, por normativa de protección de datos de carácter persoal, non debe ser accesible desde o exterior).

3.    O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina da internet http://www.edu.xunta.es/axudasle