INFORMACIÓN


Queridas familias:
O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, anunciou en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID-19, as seguintes:

-A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares, en TODAS as etapas educativas.  De maneira oficial,  a partir do luns día 16 de marzo.  Non obstante, recoméndase que xa mañá, venres 13 de marzo, non se leven aos alumnos e alumnas aos colexios, que permanecerán abertos esta xornada.

-        A suspensión inicial prevese de 14 días.
  

De momento, nin o Portal Educativo nin a páxina web da Xunta de Galicia achegan máis información ao respecto.  Polo que desde o CENTRO facilitaremos toda a información que sexa posible a medida que se vaia ampliando esta declaración institucional.

Por tal motivo, entendendo a dificultade de organización familiar e a lóxica preocupación polo proceso educativo  dos vosos fillos, o luns 16 a partir das 13:00h, terán á súa disposición na páxina WEB do centro (divinomaestrolugo.com) algunhas recomendacións académicas xerais, para estes días.


Un saúdo

Equipo Directivo