APRÁZASE O INICIO DE CURSO NA ESO/APRÁZANSE AS SESIÓNS INFORMATIVAS


APRÁZASE O INICIO DE CURSO NA ESO

APRÁZANSE AS SESIÓNS INFORMATIVAS

Como seguramente sabedes polos medios de comunicación, acaba de aprazarse o inicio de curso na ESO ata o día 23 de setembro. Cando teñamos máis noticias, farémosvolas chegar por esta mesma páxina.

Igualmente, e pola nosa banda, APRAZAMOS  as sesións informativas para a ESO ata saber que vai acontecer co curso. Informaremos das novas datas a finais da semana que vén.