INFORMACIÓN

INFORMACIÓN: informacións varias relativas ao inicio de curso / materiais necesarios / recollida de alumnos/as... Se alguén ten algunha dúbida pode pasar polo centro no horario indicado. Senón, pode entregar a documentación en calquera momento antes do inicio de curso (respectando medidas de seguridade)

Enderezo para a entrega de documentación:

cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es

LIGAZÓNS PARA VER A INFORMACIÓN DETALLADA DE CADA ETAPA:

INFORMACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL



AUTORIZACIÓNS / INSCRICIÓNS: Achegámosvos numerosas follas de inscrición / autorizacións para que nos devolvades cubertas. Algunhas son obrigatorias: Declaración COVID, Recollida de datos... Outras son moi recomendables, sen ser obrigatorias (Tokapp, Autorización imaxe....) e, outras, dependen de se vos interesa ou non a actividadade (Aula Matinal, Extraescolares...) Podedes devolvelas o luns pola tarde, polas mañás antes do inicio de curso, por correo electrónico...

Enderezo para a entrega de documentación:

cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es

Ao facer os ingresos poñer como concepto:

TOKAPP * nome alumno
Seguro voluntario + nome alumno

TOKAPP: É un novo sistema de información e comunicación do colexio e o profesorado coas familias a través do móbil. Ten un custo anual de 3 euros por familia (aínda que teña varios fillos) e é de carácter voluntario. Poden recibir mensaxes tanto o pai coma a nai e parécenos que pode ser moi útil. Poderase aboar tamén mediante tranferencia bancaria aos números de conta do colexio. Ver información que se achega.

EXTRAESCOLARES: só se levarán a cabo se hai un número suficiente de alumnado da mesma aula (non se romperán os grupos burbulla, polo tanto)

PROTOCOLO COVID: Actualizarase o luns pola mañá con algunhas novidades e algúns cambios sobre a versión inicial.
LIGAZÓNS PARA AS AUTORIZACIÓNS / INSCRICIÓNS:




HORARIOS INICIO DE CURSO: NON HABERÁ HORARIO ESPECIAL DO PRIMEIRO DÍA PARA PRIMARIA E INFANTIL 4 E 5 ANOS, SÓ SE MANTÉN O PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE INFANTIL 3 ANOS. COMEZAMOS CO HORARIO QUE FIGURA NO PROTOCOLO COVID