EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA NO CENTRO

 


Informamos da evolución dos contaxios no noso centro: a día de hoxe temos tres casos activos, que corresponden a dous alumnos/as (de diferentes cursos e etapas) e unha profesora. Estas tres persoas levan sete días ou máis sen acudir ao centro, sen que se detectasen novas infeccións. Seguindo indicacións de Sanidade, nalgúns casos procedemos a illar aos máis cercanos; noutros, non foi necesario: desde o centro fixemos sempre o que nos indicaron as autoridades sanitarias, nun sentido ou noutro.

Parece evidente, a día de hoxe, que non houbo transmisión dentro do centro, senón que se trata de casos claros de contaxios no seo das familias que non produciron novos casos no colexio, pese a haber contacto. Que quere dicir isto? pois que as medidas adoptadas no protocolo parecen funcionar, pois parecen evitar a transmisión: MÁSCARA, xel, ventilación e distancia! E dicimos isto con toda a prudencia do mundo: todos somos conscientes da fraxilidade da situación e vemos acotío como isto pode empeorar dun momento a outro.

Con todo, cómpre estar alerta ante calquera síntoma, optar sempre pola prudencia en caso de dúbida e tratar de protexernos: xurdirán novos casos e seguiremos tendo problemas.