INFORMACIÓN: SITUACIÓN SANITARIA DO CENTRO / MODIFICACIÓN DE PROTOCOLO

 


    Comunicamos a toda a comunidade educativa que, a día de hoxe, temos dous alumnos da ESO que deron positivo en Covid-19. Son casos que non gardan ningunha relación, de diferentes aulas, e sen contacto entre os afectados. Non parece probable que ningún dos contaxios teña a súa orixe ou garde relación coa actividade escolar.
    No primeiro caso, que xa está a piques de se reincorporar, efectuouse un cribado a todo o alumnado e profesorado da aula, sen que se detectasen novos positivos: parece que o protocolo funcionou, unha vez máis. 

    No caso que se vén de detectar hoxe, efectuarase un novo cribado para ver se houbo algún tipo de transmisión. Confiamos de novo na eficacia do protocolo e esperamos que non houbera contaxios dentro da aula, pero iso non quere dicir que baixemos a garda: máis que nunca cómpre ser prudentes, usar a máscara, manter as distancias, usar o xel...

CAMBIO NO PROTOCOLO

    Por outra banda, temos que comunicar a toda a comunidade educativa que o claustro de profesores tomou a decisión, xa comunicada ao Consello Escolar, de modificar o protocolo inicial e permitir o uso de balón en determinadas actividades da materia de Educación Física, con previa e posterior desinfección do material. Igualmente, en E. Infantil permitirase o uso do tobogán con desinfección entre usos.