BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2021/22! 

    Despois do convulso curso anterior, confiamos en estar no camiño de volta á vella normalidade que tanto botamos de menos. Con todo, a situación creada pola Covid-19 está lonxe de rematar e vai seguir condicionando a nosa vida e a nosa escola.

    É por iso que practicamente todas as medidas que o curso anterior puxemos en marcha para defendernos do virus seguen vixentes con moi escasas modificacións (que vos comunicaremos á maior brevidade posible). Como dicíamos hai un ano: "Pedímosvos que poñades moito atención ás comunicacións que vos vaian chegando, xa que haberá modificacións, cambios na organización... e teremos que ir adaptándonos (...)".

   Estimamos que a colaboración de alumnado, familias e Colexio, así coma a responsabilidade individual de cada un de nós, foron chaves para sacar adiante o curso anterior, e volverán  selo de novo este ano: a prioridade segue sendo a saúde de todas/os!!

    Dito isto, e sendo conscientes da situación que vivimos, esperamos recuperar pequenas cousas que deixaramos atrás: algúns xogos no patio, as actividades extraescolares, algunha saída... e mesmo incorporar algunha novidade, como será a posta en marcha do comedor escolar! 

Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha! 

Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que iniciamos hoxe.

                                                                                                              O Equipo Directivo