NOVIDADES PROTOCOLO COVID CURSO 2021/22

Ás veces tendemos a pensar que a pandemia xa quedou atrás, pero, obviamente, non é así. É por iso, que máscara, xel, distancia e ventilación seguen sendo parte do día a día na escola.

Basicamente, podemos dicir que case todas as medidas do curso anterior continúan vixentes. En breve publicaremos o protocolo completo para este curso21/22. Con todo, queremos destacar algunhas cousas:



PROTOCOLO COVID-19 2021/22


-         Mantéñense os grupos de convivencia estable (grupos burbulla) sen límites de distancia no seu interior (Infantil e Primaria)

  -    Distancia entre postos escolares:

§  Infantil e Primaria: A máxima que permita a aula, pero non hai distancia mínima. En Infantil grupos colaborativos de 5 alumnos/as cun distanciamento físico de 1’5 m. 

§  Secundaria: 1’20 m dentro da aula desde o centro das cadeiras. Todos na mesma dirección.

 

-         XEL HIDROALCOHÓLICO

§  Extremarase o coidado na súa aplicación ata os 7 anos.

§  Toda persoa que entre no centro deberá realizar a hixiene de mans.


MATERIAL ESCOLAR

AULA ORDINARIA

O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún compañeiro/a. O alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos compañeiros.

Antes de usar ordenadores, teléfonos... cada usuario realizará unha correcta hixiene de mans e desinfección.

OUTRO TIPO DE AULAS

§  Hixiene de mans nas entradas e saídas das mesmas. Cambios de aula implican desinfección postos por parte do grupo que entra. Nos cambios de clase, o alumnado permanecerá no seu sitio.

§  Material compartido (ordenadores...) debe ser desinfectado ao inicio e remate da clase.

§  Adaptarase a metodoloxía evitando a formación de grupos e minimizando o contacto cos materiais. No caso de instrumentos de vento ou canto, a distancia elévase a 3 m e ventilación continua.

§ ** E. Física: máscara obrigatoria, agás exercicios onde se poida garantir a distancia superior a 2 m. no exterior. Se se comparten materiais, hai que desinfectalos tras o uso e hixienizar mans.

§    Biblioteca: aforo xeral previsto para as bibliotecas públicas. Protocolo de acceso. Hixiene de mans ao entrar e saír e hixiene de posto ao desocupalo. Préstamo de xeito habitual.

LABORATORIO E OBRADOIRO

§  Cartelería informativa

§  Materiais de protección individual hixienizado e, se é posible, desbotable.

§  Uso de ferramentas e equipos de traballo: mínima manipulación posible e hixienización tras o seu uso.


ASEOS

§  50 % aforo.

RECREOS

Pódense incluír todos os espazos dispoñibles para manter as distancias de seguridade. Evitar concentracións en entradas e saídas.

Poderán compartirse obxectos coas medidas de hixiene necesarias.


ACTIVIDADES NO CENTRO

Evitaranse actividades que conleven a mestura de alumnado de diferentes grupos de convivencia nas que no se poida manter a distancia mínima interpersoal. Sempre que sexa posible... ao aire libre.


ENTRADAS E SAÍDAS

Obxectivo: non aglomeración de persoas.

Nais e pais? NON poden entrar no centro, salvo que sexan requiridos ou para realizar procesos administrativos, pero nunca en entradas, saídas, recreos... Fixar horarios de atención con cita previa. Segue tendo prioridade a atención telefónica.

Horarios de entrada e saída: Véxase a entrada anterior


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (saídas, visitas...)

§  Manteranse o grupos de convivencia ou gardarase a distancia prevista (1’5 m)

§  Prioridade a actividades no exterior.

§  Rexistro de participantes e lugares que ocupan (tamén no transporte se o houber).

§  Saídas e visitas: coñecer protocolo Covid das instalacións.

§  Profesorado acompañante: mínimo 1 por unidade: os necesarios para garantir as medidas de protección.

§  Visitas de persoal alleo ao centro: deberá coñecer o protocolo Covid, hixienizarse a entrada e saída, garantir uso máscara e distancia. Rexistro destas entradas. SEMPRE estarán acompañadas de persoal do centro.

§

MADRUGADORES: Aula Matinal

Protocolo ordinario, con uso obrigatorio de máscara e distancia de 1’5 m. entre alumnado de diferentes grupos de convivencia estable.


SERVIZO DE COMEDOR

§  Uso obrigatorio de máscara para o alumnado excepto no momento específico da alimentación, incluíndo o tempo de agarda  ata o inicio do servizo.

§  O alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas. O alumnado ocupará sempre o mesmo sitio, que será rexistrado.  Cada grupo estará separado por 1’5 m. de distancia.

§  Ventilación cruzada, 15 minutos antes e despois do servizo, portas abertas e toda a ventilación posible durante o servizo.

§  Plano dos postos fixos asignados e rexistro de asistencia.

§  Recolleranse os distintos grupos de convivencia na porta da aula e serán acompañados ao comedor, mantendo a distancia entre os grupos.

§  Antes  e despois de acceder ao comedor, o alumnado, mantendo o grupo de convivencia, deberá ir ao baño do andar que lle corresponda para realizar a hixiene de mans.

§  Dispensador de xel na entrada do comedor.

§  Obrigatoria segunda máscara de recambio, así coma un estoxo específico para gardala en caso necesario.

§  Ao remate do servizo, permanecerán nos seus grupos de convivencia estable ata seren recollidos / volver á clase...


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

§  Elaborarase un Plan de Actividades Extraescolares e de continxencia que será aprobado polo Consello Escolar: limpeza, desinfección, ventilación, aforo, grupos estables e rexistro de asitencia.

§  Entradas e saídas graduadas.

§  Agrupamentos por idades próximas.

NORMAS XERAIS DE FUNCIONAMENTO

§  Pais/nais asinarán declaración de responsabilidade: enquisa autoavaliación, información de síntomas, uso obrigatorio de máscara...

§  Non entran persoas alleas ás actividades

§  A persoa monitora recibe ao alumnado.

§  Entradas e saídas diferenciadas.

§  Aseos asignados.

§  Zonas asignadas para obxectos persoais, mochilas, auga...

§  Evitarase o contacto e tratarase de facer exercicios de maneira individual.

§  Evitarase compartir material.

§  Hixiene de mans ao rematar a actividade, tocar material deportivo...

§  Plan de continxencia claro en caso de inicio de sintomatoloxía na actividade.