10 XANEIRO: REINICIO DAS CLASES

 Mañá, luns, 10 de xaneiro reiníciase a actividade académica no colexio de forma presencial e de acordo coas novas pautas aprobadas polas autoridades sanitarias  e educativas


  • Os casos activos de COVID deberán seguir un illamento de 7 días desde o inicio dos síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de ser asintomático.
  • Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días e prestarán atención ao inicio de síntomas, pero en principio non requirirán illamento.
  • O alumnado menor de 12 anos sen a pauta vacinal completa que sexa contacto estreito fará unha corentena de 7 días.
  • A pertinencia de probas diagnósticas, tests de detección, etc. será sempre determinada por Sanidade en función da situación do momento. 
  • O alumnado entre 5 e 11 anos ten agora mesmo dispoñible nas farmacias un test de saliva de xeito gratuíto.
Os períodos de corentenas e illamentos serán os que indique Sanidade en función desta situación tan cambiante.

E COMA SEMPRE: MÁSCARA, VENTILACIÓN, DISTANCIA!!