ESTAMOS DE FESTA

Prezadas familias,

Un ano máis, o colexio vístese de festa para celebrar todos xuntos o noso día grande, o día do Divino Maestro, 12 de novembro. Despois duns anos complicados por mor da pandemia nos que non tivemos oportunidade de continuar como nos gustaría con esta festividade por fin este venres, 11 de novembro, voltaremos á normalidade e teremos actividades especiais durante toda a mañá.

A comunidade educativa, como familia, quere achegarse neste día dun xeito especial a Xesús, dando grazas especialmente por permitirnos retomar a xuntanza que xa é tradición no centro: a Eucaristía que celebraremos na parroquia de San Antonio de Padua o venres ás 9:45, á cal estades invitadas todas as familias que poidades asistir.

Xuntos traballamos por dar vida ao lema que nos acompaña este curso: “Deixade que os nenos se acheguen a min, ¿atréveste?”. Unha maneira de achegarse ao Señor e aos demais é coidando de que o noso mundo sexa un lugar máis humano, fraterno e ecolóxico: é por iso que este ano imos cambiar o tradicional momento doce da xornada. Nesta ocasión compartiremos un biscoito caseiro elaborado polas Irmás do Convento da Visitación, un doce de repostería saudable, sin aditivos e cociñado con productos naturais, como son os ovos procedentes do galiñeiro solidario que posúe a parroquia de San Antonio. Cremos que é un pequeño xesto de solidariedade, educativo e de coidado da casa común a través do cal somos exemplo e que se volve en beneficio de todos.

Xuntos somos máis fortes e mellores, xuntos formamos una sociedade máis humana e xuntos facemos que a nosa escola e a nosa familia do Divino Maestro estea máis unida e presente neste mundo.

Con todo o noso afecto,

A  comunidade e a dirección do Colexio Divino Maestro- Lugo